Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, das obras de reparación de fachadas nos bloques A-61 a A-64 da rúa de Vilagarcía no polígono de Coia, en Vigo, provincia de Pontevedra. (Expediente PO-98/REP 03).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 18 de marzo de 1999, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Construcciones Barreiro B., S.L., por un importe de oitenta e tres millóns cento setenta e nove mil (83.179.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo