En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
b)Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de toma de datos, investigación e estudios relacionados coas distintas noticias e reportaxes previos á edición da revista Consumidores.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 16, do 26-2-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente e anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base licitación:
Importe total: 6.000.000 de ptas.
5. Adxudicación:
a) Data: 9-3-1999.
b) Contratista: Ana Fernández Roca.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 5.400.000 ptas.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.
Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún
Presidente do Instituto Galego de Consumo

