A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos polo procedemento aberto e trámite urxente para a contratación dos servicios de vixilancia e seguridade dos PAC de Santa Comba e Melide.
1. Obxecto e orzamento.
1.1. Contratación do servicio de vixilancia e seguridade do PAC de Santa Comba, por un orzamento
estimado, desde xuño ata o 31 de decembro de 1999, de dous millóns cincocentas cincuenta e unha mil cincocentas pesetas (2.551.500 pesetas=15.334,824 euros), IVE incluído.
1.2. Contratación do servicio de vixilancia e seguridade do PAC de Melide, por un orzamento estimado desde xuño ata 31 de decembro de 1999, de dous millóns cincocentas cincuenta e unha mil cincocentas pesetas (2.551.500 pesetas=15.334,824 euros), IVE incluído.
2. Prazo de execución.
A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados a partir da data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1999.
3. Admisión de variantes.
Non se admiten.
4. Solvencia económica e financeira.
Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia técnica.
Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
6. Criterios de adxudicación.
Igual que folla de especificacións.
7. Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 70 22 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.
8. Fianzas.
Concurso público 1/1999: o 2% do orzamento da licitación (51.030 pesetas=306,696 euros).
Concurso público 2/1999: o 2% do orzamento da licitación (51.030 pesetas=306,696 euros).
9. Presentación de proposicións.
As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Composela, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratatos do Estado.
10. Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na
sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.
David Bouza Álvarez
Director xerente da Xerencia de Atención Primaria
de Santiago de Compostela

