Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO de estudio de detalle.

A Alcaldía-Presidencia do Concello de Laracha, con data do 23 de marzo de 1999, adoptou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle, redactado polo arquitecto superior Santiago González García, de modificación de aliñacións da rúa sita entre as rúas López Astray e as unidades de actuación 1 e 2 de Laracha.

2. Suspende-lo outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición, na marxe dereita da rúa de acceso ó edificio de servicios múltiples.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 44.3º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para exame e alegacións.

Lugar de exposición do expediente: secretaría xeral.

Horario: 10 a 15 horas.

Laracha, 23 de marzo de 1999.

Jesús Rama Becerra

Alcalde