Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Resolución da Alcaldía do Concello de Lugo, do 15 de marzo de 1999, pola que se anuncia a aprobación das bases específicas aprobadas polo Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día un de marzo actual, e que rexerán nas convocatorias das prazas vacantes no cadro de persoal para o ano 1999, mediante o sistema de concurso-oposición, quenda libre e para a provisión das que a continuación se detallan:

Funcionarios de carreira:

-Unha praza de arquitecto superior. (Grupo A).

-Unha praza de enxeñeiro de camiños, canais e portos. (Grupo A).

No BOP de Lugo, con data do 21-5-1992, foron publicadas integramente as bases xerais para a provisión de prazas mediante o sistema de concurso-oposición e, así mesmo, no citado boletín, con data do 13-3-1999, foron publicadas as bases específicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto das convocatorias no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes ás ditas prazas publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co previsto nas bases.

Lugo, 16 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado