Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-329).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial sobre o SUNP B-31-R Mesón da Auga, no Carballo-Nós, tramitado por Xestur A Coruña.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta