O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o documento de ordenación da franxa do termo municipal incorporada como resultado do actual deslinde co municipio de Sada a teor do decreto 168/1997, do 5 de xuño.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 10 de marzo de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

