Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral Municipal de Ordenación (PXMO) emendando o erro detectado na cualificación como ordenanza 6 de predios singulares dunha área que non se corresponde exactamente cos lindes de Villa Marchesi, en Montrove-Liáns, o que supón:

Axusta-lo ámbito da ordenanza 6 ós lindes do predio singular.

Cualifica-las parcelas excluídas como solo urbano-ordenanza 2B.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta