Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-333).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Acondicionamento Territorial e Paisaxístico do Parque Forestal de Liáns (P.E.-4).

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta