En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno do 9-4-1999, anúnciase a contratación das obras de dotación de servicios de saneamento e abastecemento de auga entre Pazos e Sada Darriba, por procedemento aberto e concurso.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso por procedemento aberto para adxudica-las obras anteriormente sinaladas, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de dotación de servicios de
saneamento e abastecemento entre Pazos e Sada Darriba.
2. Duración do contrato: 2 meses.
3. Tipo de licitación: 12.439.268 ptas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 441.0.60135 do orzamento do exercicio de 1999.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, Departamento de Contratación.
6. Garantía provisional: non se esixe.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.
9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG.
10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.
11. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.
Sada, 12 de abril de 1999.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde

