En aplicación do disposto na disposición trixésimo quinta do epígrafe VIII da Orde do 30 de outubro de 1998 (DOG do 12 de novembro), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados convocado pola orde que se cita, segundo os anexos da presente resolución.
Contra a presente resolución cabe reclamación, no prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Poderase, no mesmo prazo, presentar desestimento á participación no concurso, sempre e cando se participe con carácter voluntario, advertíndolles ós concursantes que o fan desde a situación de suprimidos que, de desistir, no suposto de que na súa localidade ou zona se adxudique vacante das especialidades que teñan acreditadas, decaerán no dereito preferente que teñen recoñecido.
Transcorrido o prazo, esta dirección xeral elevará a definitiva a adxudicación de destinos.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.
Jaime García García
Director xeral de Persoal

