Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.690

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1999 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Jaime Núñez Sal.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño), para a provisión da praza núm 98/053, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Jaime Núñez Sal, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jaime Núñez Sal

profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 29 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña