Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en relación co artigo 3.2º.e) da mesma norma, así como
nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de técnico xestor de sistemas do grupo II, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes
Bases da convocatoria
1. Normas xerais.
1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico xestor de sistemas do grupo II do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de octubro de 1996), polo sistema de promoción interna e polo sistema xeral de acceso libre.
1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e serán en primeiro lugar os de promoción interna. A vacante non cuberta pola quenda de promoción interna acumularase á de acceso libre.
1.3. Os seleccionados polo sistema de promoción interna terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.
1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas de acceso.
1.5. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, do que as probas e valoracións se axustarán ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.
1.6. A adxudicación das prazas ós/as aspirantes que superen o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.
1.7. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.
2. Requisitos dos aspirantes.
2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes y mantelos ata o momento de formalización do contrato:
a) Ser español ou nacional de calquera estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.
c) Estar en posesión do título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.
2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:
a) Te-la condición de persoal laboral fixo de cualquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Pertencer a distinta categoría que a das prazas convocadas na presente convocatoria.
c) Ter permanecido un mínimo de 6 meses na súa categoría profesional.
3. Solicitudes.
3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.
3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI.
3.3. Os documentos xustificativos dos méritos valorables na fase de concurso serán achegados no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do derradeiro exercicio da fase específica, polos aspirantes que o superaran, da seguinte forma:
3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da universidade pública de Galicia onde prestaron os ditos servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.
3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia o unidade de persoal da Administración onde prestasen servicios.
3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados nas bases 3.3.1., 3.3.2. (certificaranse os cursos que consten no expediente) e 3.3.3. expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e unirase á solicitude do aspirante.
3.3.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos/as candidatos/as os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.
3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase nos rexistros xerais da universidade situados no Rec
torado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n), no edificio da Biblioteca Intercentros de Lugo (Avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n Pligono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.
3.5. Os dereitos de exame serán de 3.500 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.
En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.
3.5.1. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós/ás aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e, para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-los datos bancarios que para tal efecto figuran na solicitude. De no figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.
3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.
4. Admisión de aspirantes.
4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes, o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas de exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.
Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das ditas relacións os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión serán definitivamente excluídos da realización das probas.
A resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos esgotará a vía administrativa.
5. Tribunal.
5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo), modificado pola Resolución do 22 de marzo de 1993 da Subsecretaría de Economía e Facenda e para as Administracións Públicas, pola que se revisan os
importes das indemnizacións establecidas (BOE do 26 de marzo) e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro (DOG do 14 de febreiro).
O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervenir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.
Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.
5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.
5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.
5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal
5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ó resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6 as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.
5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza identidade dos/as aspirantes. Neses casos, o tribunal excluirá aqueles opositores
que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.
5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.
5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.
5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais, as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.
6. Desenvolvemento dos exercicios.
6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra G, de conformidade co establecido na Resolución do 23 de febreiro de 1999 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acreditaren a súa identidade.
6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, sendo excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.
6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.
6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efecturarase nos locais onde se fixera o primeiro deles, así como no Rectorado da Universidade, ou por calquera outro medio que se coide conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.
6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/la aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.
7. Lista de aprobados.
7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.
7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.
7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición maila obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate, dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase de coñecementos específicos. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.
8. Presentación de documentos.
8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no Rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago) a siguiente documentación:
a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.
b) Fotocopia compulsada do título esixido.
c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.
Os nacionais doutros estados membros da Unión Europea deberán acreditar igualmente non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.
d) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.
8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera universidade pública de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar cer
tificación da universidade correspondente para acreditar tal condición, de non a ter presentado con anterioridade.
8.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.
8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do exame dela se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.
9. Disposición derradeira.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º.a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Composela
ANEXO I
DENOMINACIÓN DA PRAZA: TÉCNICO XESTOR DE SISTEMAS DO GRUPO II
Procedemento de selección.
1. Procedemento de selección será o de concurso-oposición. Constará das fases que a continuación se indican:
1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio: (para sistemas de promoción interna e acceso libre), constará de catro exercicios:
Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito un tema de carácter xeral baseado no contido do bloque A do programa que se relaciona no anexo II, proposto polo tribunal.
Neste exercicio avaliarase a formación xeral, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achega persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de dúas horas.
A puntuación deste exercicio será de 0 a 14 puntos. Sendo necesario para aprobar acadar un mínimo de 7 puntos.
Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito dous temas contidos nos bloques B e C (un
de cada bloque) do programa que se relaciona no anexo II propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media.
A puntuación deste exercicio será de 0 a 18 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 9 puntos.
Terceiro exercicio: consistirá en realizar por escrito, unha traducción directa con diccionario para galego ou castelán dun texto en lingua inglesa relacionado co programa que se relaciona no anexo II.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.
A puntuación deste exercicio será de 0 a 8 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 4 puntos.
Cuarto exercicio: proba práctica consistente en resolver un suposto relacionado coas materias contidas nos bloques B e C do programa que se relaciona no anexo II.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de catro horas.
A puntuación deste exercicio será de 0 a 20 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 10 puntos.
1.2. Segunda fase:
Quenda de promoción interna.
Proba de galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:
Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.
Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.
A puntuación será de 0 a 10 puntos.
Quenda de acceso libre: terá carácter selectivo e non eliminatorio, constará de dúas partes:
Primeira: coñecementos non específicos do posto. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda parte do programa.
A duración desta proba non será inferior a unha hora.
A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.
Segunda: constará de dúas probas:
Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.
Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora. Terá carácter selectivo non eliminatorio. A puntuación será de 0 a 10 puntos.
1.3. Terceira fase: concurso.
Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos. Valoraranse os seguintes conceptos:
a) Antigüidade: máximo 10 puntos a razón de 0,069 por mes traballado.
b) Experiencia: máximo 15 puntos. Valorarase a razón de 0,21 puntos por mes na mesma categoría en universidades públicas.
c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que puntuarán do seguinte xeito:
-Cursos de formación recibidos:
Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.
Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.
Curso de iniciación á lingua galega: 0,01 puntos/hora.
Curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,02 puntos/hora.
No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.
-Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.
Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.
Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos. Valoraranse os seguintes conceptos:
a) Experiencia: máximo 11 puntos.
-Na mesma categoría en universidades públicas (0,15 puntos por mes traballado).
-Na mesma categoría administraciones públicas (0,076 puntos por mes traballado).
-Noutras categorías universidades públicas (0,076 puntos por mes traballado).
b) Cursos: valorarase igual que a promoción interna ata un máximo de 4 puntos.
ANEXO II
DENOMINACIÓN DA PRAZA: TÉCNICO XESTOR DE SISTEMAS DO GRUPO II
Programa
I. Fase: coñecementos específicos.
Bloque A: sistemas de información.
1. Definición e estructuras dos sistemas de información. Subsistemas físico e lóxico. Funcionamento
e elementos dun sistema informático: procesadores, memorias, dispositivos de almacenamento, periferia. A oferta informática no mundo actual.
2. Metodoloxía da programación. Deseño e análise de algoritmos. Deseño de programas. Procesadores de linguaxes. Compiladores. Traductores e intérpretes. Linguaxes de programación.
3. Informática e dereito á intimidade. Niveles de protección: físicos, lóxicos e xurídicos. Garantía do administrado. A protección xurídica dos programas de ordenador.
4. Organización do centro de proceso de datos: situación actual e tendencia. O persoal informático. A formación en informática.
5. Os sistemas operativos e o soporte lóxico de base e intermedio nos sistemas medios e pequenos.
6. Sistema operativo UNIX System V. O sistema de arquivos. Programación de Shell. Administración do sistema. Comunicacións e administración de redes. Optimización e mantemento.
7. Sistema operativo Windows NT 4.0 Instalación e configuración. Administración de dominios. Comunicacións. Compartición de recursos. Optimización e mantemento.
Bloque B: comunicacións e redes.
8. Arquitectura de comunicacións. Sistemas abertos e o modelo OSI: funcións, servicios, protocolos. TCP/IP: funcións, servicios e protocolos. Topoloxía de redes: WAN, MAN, LAN. Redes de área local.
9. Equipamento de redes hubs, bridges, routers, servidores de terminais, módems, etc. Redes virtuais. Cableado integral de edificios. Tipos de cable: BNC, UTP, fibra óptica. Elementos de conexionamento. Instalación exterior.
10. Redes de datos de banda ampla. Transición da RDSI-BE á RDSI-BA. A xerarquía dixital síncrona. Técnicas ATM.
11. Redes públicas de transmisión de datos: Iberpac, Ibermic, RDSI. Redes privadas. Tipoloxía e topoloxías. A rede da Universidade de Santiago de Compostela.
12. Servicios de aplicación TCP/IP. Correo electrónico (SMTP). Transferencia de arquivos (FTP). Accesos remotos (TELNET). Servicios WWW (HTTP). Servicio de noticias NEWS (NNTP). Servicios de Proxy.
13. World Wide Web. Conceptos, configuración, deseñó de páxinas, formularios. Programación de CGI. Uso de bases de datos en WWW (Visual InterDev, msql).
14. Programación en Java. Clases e obxectos. Constructores e destructores. Elementos gráficos. Eventos.
15. Redes de CD-ROM. Tipoloxía e topoloxías. Problemas e ventaxas de cada opción. A rede da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. A tecnoloxía ERL.
Bloque C: tecnoloxías da información e bibliotecas.
16. Concepto e funcións dos servicios bibliotecarios. Xestión automatizada das bibliotecas públicas. As tecnoloxías da información na mellora dos servicios das bibliotecas públicas.
17. Sistemas de xestión de bases de datos (SXBD). O modelo de referencia ANSI. Elementos básicos de SQL.
18. Bases de datos documentais. Problemática e diferencias coas bases de datos relacionais. Tipos existentes.
19. As tecnoloxías multimedia. O soporte CD-ROM. Formatos, normativa, tendencias.
20. O catálogo da biblioteca pública: concepto, fins e problemas de elaboración. Os catálogos de acceso público en liña (CAPEL ou OPAC).
21. O formato MARC. Importación e exportación de rexistros bibliográficos. O formato IBERMARC.
22. A cooperación bibliotecaria. Sistemas e redes. Redes de bibliotecas universitarias e de investigación.
23. As bibliotecas públicas de Galicia. A biblioteca universitaria de Santiago de Compostela: estructura, instalación e equipamento, situación actual.
II. Segunda fase: coñecementos non específicos.
1. A Constitución de 1978: estructura e contido.
2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.
3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo.
4. Os recursos administrativos: recurso ordinario. Recurso de revisión.
5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Os dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. A negociación dos convenios colectivos.
6. A Lei de reforma universitaria. As universidades: natureza xurídica.
7. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Réxime económico e financeiro.
8. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Órganos de goberno unipersoais e colexiados.
9. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Clases e réxime xurídico do PAS.
10. III convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.
ANEXO III
DENOMINACIÓN DA PRAZA: TÉCNICO XESTOR DE SISTEMAS DO GRUPO II
Tribunal cualificador.
Titulares.
Presidente: Luís Coladas Uría, catedrático do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes da universidade:
Fernando María Tabernero Duque, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Antonio de Padua Pérez Casas, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes do comité de empresa:
Miguel Magán Sarandeses, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Luciano Romero Mosconi, grupo V do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria: María Jesús Montero Pérez, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.
Suplentes.
Presidente: Andrés Docampo Darriba, director do SECUS da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes da universidade:
Julián Ramos Stolle, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Ana María Goy López, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes do comité de empresa:
Aurelio Barreiro González, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Manuela García Freire, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria: Ana María Paz Torres, funcionaria de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

