Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica:
Que no recurso de apelación número 641/1998, dimanante dos autos que logo se dirán, o encabezamento e a parte dispositiva da sentencia literalmente din:
Sentencia.
Audiencia Provincial. Sección terceira.
Juan Ángel Rodríguez Cardama (PTE). Juan Luis Pía Iglesias. Carmen Mosquera Rodríguez.
Na Coruña, catorce de outubro de mil novecentos noventa e oito. Vistos pola Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, integrada polos que á marxe se relacionan, os presentes autos de xuízo verbal civil número 538/1997, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, e que pendían perante a Audiencia Provincial en grao de apelación, nos que figura como demandante apelante Lourdes Blanco Vázquez, asistida do letrado José Ramón Sierra Sánchez, e doutra, como demandados apelados, José Luis Bardanca Iglesias, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e o Ministerio Fiscal. Versando os autos sobre oposición a adopción, decidimos:
Que, desestimando o recurso de apelación interposto por Lourdes Blanco Vázquez contra a sentencia dictada o 12 de novembro de 1997 polo Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, en xuízo verbal civil nº 538/1997, debemos confirmar e confirmámo-la dita sentencia, sen que proceda expreso pronunciamento sobre as custas neste recurso. Fágaselles saber ás partes que contra esta sentencia non cabe ningún recurso.
Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo; e para que a súa publicación no Diario Oficial de Galicia lle sirva de notificación ó demandado non comparecido nesta alzada, José Luis Bardanca Iglesias, expido e asino este edicto na Coruña, dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e nove.
Rubricado

