Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito 375/95, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 375/95 constituído o día 7 de xuño de 1995, en Vigo, por medio de aval bancario, polo importe de 675.740 pesetas, e que garante a Spica, S. L.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de América, 1, torre 1ª, 2º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 25 de marzo de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)