De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de trámite de audiencia no expediente de solicitude de autorización para a construcción dunha estación de servicio que a seguir se detalla, estando o citado expediente á súa disposición na Subdirección Xeral de Estradas e no Servicio Provincial de Estradas da Coruña.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes; no caso de non presentalas terase por realizado o trámite.
Expediente: 01026 ES 01.
Asunto: solicitude de autorización para a construcción dunha estación de servicio na marxe dereita da estrada AC-173, p.k. 1+770.
Solicitante: José Vierna Pita.
DNI: 32.643.457.
Último enderezo coñecido: rúa José María Hernánsaez, 54-6º G, A Coruña.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.
Gerardo Pallares Sánchez
Subdirector xeral de Estradas

