Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casal do Mouro (Irixoa).
Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,910 km, con conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón, con orixe na L.M.T. Guimil-Guitiriz, tramo Ambroa-Caselas, (expediente 50781) e final no centro de transformación proxectado de Casal do Mouro, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de
baixa tensión de 0,054 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón no termo municipal de Irixoa.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados e publicouse no DOG do 26-6-1998 e no BOP do 15-5-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 7-5-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Irixoa, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24-10-1966).
Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados, en canto á modificación do trazado da liña eléctrica, non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 11 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2804

