De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento
xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subminsitración a Cerámicas da Moura declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.
Petinionario: Enagás, S. A., con enderezo en Avda. de América, nº 38 (C.P. 28028), Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais en distintos termos municipais da provincia de Pontevedra.
Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subministración a Cerámicas da Moura.
A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios
da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.
Características das instalacións: as variantes realizadas afectan ós termos municipais do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, e son as que se expoñen a continuación:
O trazado parte do polígono industrial As Gándaras, no municipio do Porriño, á altura do p.k. 114,7 da liña férrea Monforte-Tui. Segue paralelo á citada liña férrea, polo camiño de acceso ás oficinas de Cerámicas Mas, percorrendo aproximadamente 180 m, punto onde cruza a autovía A-55 e a antiga Nacional N-550-A.
Durante 1.950 m vai paralelo á Nacional 550 A, pola súa marxe esquerda, atravesando os tres municipios citados, ata chegar á altura do p.k. 165,5. A partir deste punto parte o ramal de subminstación a Cerámicas Moura, S.L.
O diámetro do ramal principal-punto de entrega a Gas Galicia é de 6, e do ramal a Cerámicas Moura de 2.
A tubería será de aceiro segundo especificacións API 5L, en calidade GrB ou equivalente.
Termos municipales afectados:
O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.
Orzamento: o orzamento ascende a dezaseis millóns seiscentas sesenta e cinco mil trescentas setenta pesetas (16.665.370 ptas.).
Afección a predios particulares:
A afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto, concrétase da seguinte forma:
Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.
Dous: para canalizacións:
A. Imposición de servidume permanente de paso, ó longo do trazado da conducción, cun largo de terreo de dous (2) metros, un a cada lado do eixe da tubería, ó longo desta, por onde discorrerá soterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:
1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe da tubería.
2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar ningún acto
que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.
3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.
4. Posibilidade de instalar marcas de sinalización ou delimitación, e os tubos de ventilación, así coma de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.
B. Ocupación temporal dos terreos, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo, e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.
Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:
A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largo, o correspondente ó da instalación máis un (1) metro a cada lado. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:
1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación, a unha distancia inferior a metro e medio, a cada lado do cable de conexión do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.
2. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento se é o caso, dos danos que ocasionen.
B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que fará desaparecer todo obstáculo, así coma realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.
O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.
O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, dos que se insire relación ó final deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio adminis
trativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo nº 2, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria e Comercio
Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.
Proxecto: punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subministración a Ceramicas da Moura.
Termo municipal: O Porriño.
Predio nº Titular e enderezo Afección Catastro Natureza
L. ml O.T. m Polig. Parcela
PO-PR-1300 Cerámicas Mas, S.A. O Cerquido, 36475 O Porriño (Pontevedra) 187 1.870 53 636 Pista
PO-PR-1301 Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. Unidade de Estradas de Pontevedra. R/ San Roque, 2, 36701 Pontevedra 26 260 Autovía
PO-PR-1302 Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. Unidade de Estradas de Pontevedra. R/ San Roque, 2, 36701 Pontevedra. 10 100 Matogueira
PO-PR-1303 Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. Unidade de Estradas de Pontevedra. R/ San Roque, 2, 36701 Pontevedra. 336 3.360 Autovía
PO-PR-1304 Manuel Pérez Pérez. O Cerquido, 4, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 143 572 54 128 Monte alto
PO-PR-1305 Amadeo Pérez Vila. O Cerquido, 13, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 0 40 54 135 Escada
Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.
Proxecto: punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subministración a Cerámicas da Moura.
Termo municipal: Salceda de Caselas.
Predio nº Titular e enderezo Afección Catastro Natureza
L. ml O.T. m Polig. Parcela
PO-SA-1 Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. Unidade de Estradas de Pontevedra. R/ San Roque, 2, 36701 Pontevedra. 870 3.480 Estrada
PO-SA-2 Concello.-R/ Doutor Zunzunegui 7, 36473 Salceda de Caselas. 8 30 Pista
PO-SA-3 Concello.-R/ Doutor Zunzunegui, 7, 36473 Salceda de Caselas. 3 12 Camiño
PO-SA-4 Manuel Castiñeiras Casales. O Cerquido, 26, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 35 70 26 36 Viña
PO-SA-5 Enair López Ramírez. O Cerquido, 18, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 20 55 26 40 e 41 Xardín
Predio nº Titular e enderezo Afección Catastro Natureza
L. ml O.T. m Polig. Parcela
PO-SA-6 Manuel Castiñeiras Casales. O Cerquido, 26, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 25 80 26 42 Terra de labor
PO-SA-7 Mª del Carmen Alonso López. O Cerquido, 33, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 8 40 26 46 Viña
PO-SA-8 José González Fernández. Casal, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 22 74 26 47 Viña
PO-SA-9 Nemesio Pérez Alonso. O Cerquido, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 35 70 26 48 Viña
PO-SA-10 Rosa Pérez Rodríguez. O Cerquido, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 31 93 26 101 Terra de labor
PO-SA-11 Concello.- R/ Doutor Zunzunegui, 7, 36473 Salceda de Caselas (Pontevedra). 10 60 Camiño
PO-SA-12 Ángel Martínez Álvarez. O Cerquido, 22, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 55 121 26 71 e 102 Viña
PO-SA-13 Descoñecido 17 30 26 7 Xardín
PO-SA-14 Ángeles Martínez Álvarez. O Cerquido, 22, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 36 76 26 247 Viña, terra de labor
PO-SA-15 María González Álvarez. O Cerquido, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 22 50 26 118 Viña
PO-SA-16 Aurora Gómez Besada. Areas, s/n, 36700 Tui (Pontevedra). 20 44 26 562 Terra de labor
PO-SA-17 Héctor Represas Romero. Estación de Guillarei, 36720 Tui (Pontevedra). 6 12 26 150 Terra de labor
PO-SA-18 Balbino Romero Vila. O Cerquido, 25 A, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 5 10 26 151 Terra de labor
PO-SA-19 Rosa Pérez Vila. O Cerquido, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra). 10 20 26 152 Terra de labor
PO-SA-20 Juan Lino Besada Lemos. O Cerquido, 26, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 65 180 26 153 Terra de labor
PO-SA-21 Confederación Hidrográfica do Norte. Pza. de España, 2, 33007 Oviedo (Asturias). 7 42 Regato
PO-SA-22 Juan Lino Besada Lemos. O Cerquido, 26, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 19 100 26 156 Terra de labor
PO-SA-23 Angustias Pereira Romero. O Cerquido, 29, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 82 180 26 145 e 155 Aparcamento
PO-SA-24 Concello.-R/ Doutor Zunzunegui, 7, 36473 Salceda de Caselas. 10 60 Pista
PO-SA-25 Julio Bouzada Calzado. O Cerquido, 40, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedras). Severiano Gabín González. 115 460 25 375 Aparcamento
PO-SA-26 Comunidade de Montes de Budiño. (Pte: Lino González Fernández). Rubindo, 15, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 30 180 26 376 Monte baixo
PO-SA-27 Comunidade de Montes de Budiño. (Pte: Lino González Fernández). Rubindo, 15, Budiño, 36475 Salceda de Caselas (Pontevedra). 250 1.500 26 377 Escavación
PO-SA-27 bis Cerámicas Mas, S.A. O Cerquido, s/n, 36475 O Porriño (Pontevedra). 250 1.500 26 377 Escavación
Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.
Proxecto: punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subministración a Cerámicas da Moura.
Termo municipal de: Tui
Predio nº Titular e enderezo Afección Catastro Natureza
L. ml O.T. m Polig. Parcela
PO-TU-1500 Cerámicas da Moura. A Gándara, s/n. Guillarei, 36720 Tui (Pontevedra). 360 3.600 27 Zona industrial
Instalacións auxiliares.
Proxecto: punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A, e ramal de subministración a Cerámicas da Moura.
Abreviaturas empregadas: PO=Posición.
Termo municipal de: Tui.
Predio nº Titular e enderezo Afección Catastro Natureza
L. ml O.T. m Exp. m Polig. Parcela
PO-TU-1500 PO Cerámica da Moura. A Gándara, s/n, Guillarei, 36720 Tui (Pontevedra). 0 0 4 27 Zona Industrial
PO-TU-1500/1-P Cerámica da Moura. A Gándara, s/n, Guillarei, 36720 Tui (Pontevedra). 0 0 3 27 Zona industrial

