En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.504, 1.501 e 1.091 do Código Civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e as xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.
En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e á iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de marzo de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
Manuela Viaño Rey e herdeiros
Expte. C-2-IV/75 (DP-D 62/98)
Conta. 19
Avda. de Castelao, 2-1º C, polígono de Vite (Santiago de Compostela)
Importe débeda: 364.281 ptas.

