Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de marzo de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución de pleno dereito do contrato de compravenda por renuncia do seu titular.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona resolución de pleno dereito do contrato de compravenda.

Contra a devandita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de marzo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-1-CD/79

Conta: 121

Nome: Domingo Sampedro Cuenca

Último enderezo coñecido: polígono de Elviña (O Birloque), bloque 4, portal 4 baixo A (A Coruña)

Data da resolución: 17 de febreiro de 1997.