Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión con data do 8 de marzo de 1999, aprobou o expediente de contratación por medio de concurso, con procedemento aberto urxente, para a adxudicación das obras incluídas no Programa de Acción Especial 1999 da Deputación Provincial da Coruña.

O prego de cláusulas económicos que rexerá este concurso foi aprobado polo Pleno provincial con data do día 20 de maio de 1996, así como a modificación puntual deles en sesión que tivo lugar o 28 de novembro de 1996 (publicados no BOP nº 123, do 30 de maio e nº 282, do 9 de decembro respectivamente).

Obxecto e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución da obra citada.

1. Pavimentación de núcleos urbanos en Vilamourel.

2. Tipo de licitación: 5.012.532 pesetas.

Prazo de execución.

O prazo de execución será de seis meses contados a partir do día seguinte ó da data de sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional.

2% tipo de licitación.

Fianza definitiva.

4% do importe da adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día da publicación do anuncio no BOP e no DOG.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, trasladarase ó día seguinte hábil.

Modelo de proposición e documentación.

D. ..... con domicilio en ....., Tlfno. ..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ....., actuando no seu nome (ou en representación de ....., con DNI ..... e con domicilio en ....., Tlfno. .....) participa no concurso, con procedemento aberto e urxente, para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de ..... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ..... ptas., que significa unha baixa de ..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece a acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

....., ...de .....de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

As proposicións irán xunto coa documentación esixida na claúsula 12 do prego de cláusulas administrativas aprobado para a contratación destas obras mediante concurso con procedemento aberto.

Paderne, 22 de marzo de 1999.

José Luis Pico Espiñeira

Alcalde-presidente