1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.
4. Orzamento da licitación: 42.325.896 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.
5. Clasificación do contratista: grupo: E. Subgrupo: 1. Categoría: C.
6. Garantías: provisional: 846.518 ptas. Definitiva: 1.693.036 ptas.
7. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.
9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas, na sala de xuntas.
10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:
1. Reducción do prazo de execución: ata un 40%.
2. Maior volume de obra: ata un 40%.
3. Oferta económica: ata un 20%.
11. Anuncio extenso: no BOP.
Pontevedra, 9 de abril do 1999.
Juan Luís Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

