Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras de saneamento da parroquia de Bora.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 128.193.852 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo: E. Subgrupo: 1. Categoría: D.

6. Garantías: provisional: 2.563.877 ptas. Definitiva: 5.127.754 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas, na sala de xuntas.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Reducción do prazo de execución: ata un 40%.

2. Maior volume de obra: ata un 40%.

3. Oferta económica: ata un 20%.

11. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 9 de abril do 1999.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral