Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da delimitación do polígono B-10/San Brais do PXOU.

O Pleno da Corporación, en sesión de 28-1-1999, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á proposta formulada por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada, segundo o proxecto redactado polos arquitectos Rodríguez Pagán e Gómez Ayuso, con visado da Delegación Provincial en Pontevedra do COAG de 2-6-1998, de modificación da delimitación do polígono B-10/San Brais do Plan Xeral de Ordenación Urbana, excluíndose deste ámbito espacial delimitado unha parcela actualmente destinada a espacio libre de titularidade municipal e incluíndose dentro del unha porción do predio de titularidade da citada cooperativa, cualificada polo planeamento como equipamento en solo urbano, para a súa cesión a este Concello, de maneira que o novo ámbito do polígono B-10 comprende o predio denominado A Corva, de exclusiva titularidade de Corvorana, S.C.L. como consecuencia da xestión proxectada, compensándose conforme ela a cesión do 10 por 100 de aproveitamento urbanístico non patrimonializable pola propiedade.

Segundo.-Ratifica-lo convenio subscrito pola Alcaldía e Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada, o dezanove de xaneiro pasado, coa finalidade de establece-las condicións reguladoras do futuro plan parcial do polígono B-10, como instrumento urbanístico de desenvolvemento do plan xeral nesa unidade de actuación territorial, compensación do

aproveitamento non patrimonializable de cesión a esta Administración municipal e exención ó Concello de calquera gasto que puidera corresponderlle pola xestión do polígono.

Terceiro.-Publicar este acto administrativo no BOP e Diario Oficial de Galicia, con notificación persoal ós interesados e remisión de testemuña del á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o establecido nos artigos 10.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 5 de marzo do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral