Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da unidade de execución número 3.

O Pleno do Concello de Soutomaior, en sesión que tivo lugar o día 4 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución número 3, presentado por Arconsa Arcade, S.L. e redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Soutomaior, 16 de marzo de 1999.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde