Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de maquinaria para as explotacións agrícolas desta deputación.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para o concurso de adquisición de maquinaria para as explotacións agrícolas desta deputación, mediante concurso, con procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 13 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado