De conformidade co previsto na Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral de deporte de Galicia (DOG do 4 de setembro) e a Orde do 28 de xullo de 1995, de federacións deportivas galegas (DOG do 8-8-1995), a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia aprobou, mediante Resolución do 23 de febreiro de 1998, a modificación dos artigos 16º, 17º e 57º dos estatutos da Federación Galega de Petanca acordada pola asemblea xeral o día 8 de decembro de 1998.
E segundo o previsto no artigo 8 da orde de federacións deportivas galegas antes citada, publícase o texto dos artigos reformados para o seu coñecemento público polos interesados:
Artigo 16º
A asemblea xeral estará constituída polo presidente da federación e polos representantes das entidades deportivas, dos deportistas, dos técnicos-adestradores, dos xuíces árbitros e da xunta directiva.
Artigo 17º
A asemblea xeral está composta por 40 membros e en representación dos estamentos sinalados anteriormente e responde á seguinte composición:
-Entidades deportivas: 70%, corresponden 28
membros.
-Deportistas: 20%, corrresponden 8 membros.
-Xuíces árbitros: 5%, corresponden 2 membros.
-Xunta directiva: 5%, corresponden 2 membros.
Artigo 57º
Os representantes dos xuíces árbitros na asemblea xeral xerán elixidos por e entre os pertencentes a cada estamento, calquera que sexa a súa categoría, dos que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria de eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na temporada deportiva anterior, sempre que participen en competicións ou actividades de carácter oficial, organizadas pola FGP ou pola Federación Española de Petanca coa aprobación ou intervención daquela.
Os representantes da xunta directiva na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a este estamento e deberán ser membros da xunta directiva da FGP nos dous últimos anos, como mínimo, e ter cumprida a maioría de idade civil o día da convocatoria das eleccións.
Vigo, 28 de marzo de 1999.
Juan Estévez Domínguez
Presidente electo da Federación Galega de Petanca

