Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 15 de abril de 1999 polo que se fai pública a resolución provisional do proceso de selección de dous técnicos superiores para a unidade de tarxeta sanitaria.

A resolución provisional do citado proceso de selección (DOG nº 38, do 24 de febreiro de 1999), coa relación de aspirantes excluídos, será exposta, na mesma data de publciación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias deste centro directivo, secretaría xeral e direccións provinciais do Sergas.

Contra a resolución poderá formularse reclamación, ante esta división, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da referida publicación.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos