Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Juan Manuel Estévez Rodríguez e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38-Ent, Ourense en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de marzo de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Juan Manuel Estévez Rodríguez

DNI: 44.462.332-C

Rúa Vilaescusa, 3-A, 2º E, Ourense

Resolución recurso de reposición.

Exp. 9/1996. Sanción Consellería de Agricultura G.M. Desestimado.

InteresadoProcedemento

Hilda María Couto Serantes

DNI: 34.928.552-Q

Avda. Santiago, 114-4º Dta., Ourense

Resolución recurso de reposición.

Exp. 4888/1995. Transmisión Patrimo. Desestimado.

Concepción Verdeal Martínez

DNI: 34.913.263-E

r/ Erbedelo, 86-1º, Ourense

Resolución recurso de reposición.

Exp. 256/1996. Imposto de sucesións. Desestimado.

Jorge Alán Rúa Couso

DNI: 76.713.856-R

r/ Lamas Carvajal, 13, Verín-Ourense

Resolución recurso de reposición.

Exp. 151/1994. Sanción Xustiza, Interior. Desestimado.

Juan José Montero Muñoz

DNI: 22.252.211-F

Roi Páez, 8-5º, Ourense

Resolución recurso de reposición.

Exp. 927/1998. Transmisión-vehículos. Desestimado.