De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.
O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 24 de marzo de 1999.
P.A.
Paloma Puente Sánchez
Instructora
ANEXO
-Expediente: 262SA/98.
Denunciado: Varela Buján, Ramón.
DNI: 33.052.808
Último enderezo coñecido: rúa dos Concheiros, nº 41, 2ª D, Santiago de Compostela, A Coruña.
Feitos denunciados: efectuar operacións de venda de animais bovinos no mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do carné de tratante.
Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997, Art. 195.2º do Regulamento de epizootias en relación co 213 do mesmo regulamento.
Sanción: 15.000 pesetas.

