Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 008SA/99 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº, 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de marzo de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 008SA/99

Denunciado: Gerpe Rey, Isidro.

DNI: 76.495.827N

Último enderezo coñecido: r/ Do Orzán, 180-3º esquerda, A Coruña.

Feitos denunciados: transportar gando porcino, carecendo da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo, da guía correspondente e do certificado de inscrición do vehículo no Serv. de Sanidade A. e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 10 da Orde do 23-8-1995, 12 do D. 355/1994, 169 e 217.3º do Regul. de Epiz. en Relac. co 224 do mesmo Regul. e 1º D. 355/1994, 1ª Orde 23-8-1995, e 52.4º do Regul. Epiz. en Relac. co 224 do mesmo Reg.

Sanción: 30.000 ptas.

-Expediente: 032SA/99

Denunciado: Veleiro Sánchez, José Alfredo.

DNI: 35.198.430N

Último enderezo coñecido: Baro Pedrosa nº 30, Vigo. Pontevedra.

Feitos denunciados: transportar animais ovinos procedentes do mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do certificado de ter inscrito o vehículo para transportar animais vivos no Serv. de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997 e o Art. 52.4º do Regul. de Epiz. en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente 089SA/99

Denunciado: Miranda Bello, Francisco.

DNI: 32.178.556

Último enderezo coñecido: r/ Comercio nº 16 Abegondo. A Coruña.

Feitos denunciados: transportar animais da especie cabalar procedentes da feira de Arzúa con destino ó seu domicilio, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Serv. de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997, e o Art. 52.4º do Regul. de epizzotias en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.