Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Autopistas-Autoestradas (SITA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Autopistas-Autoestradas (SITA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato tódolos traballadores da empresa Audasa e da empresa Autoestradas de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Marcelino Sánchez López e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais