Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.884

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (128/1998-M).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 128/1998 que neste xulgado se segue por furto, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas nº 128/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, o denunciante Manuel Álvarez Lomba e as denunciadas Sonia Pueyo Jiménez, Sara Jiménez González e Esther Jiménez Jiménez.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Sonia Pueyo Jiménez, Sara Jiménez González e Esther Jiménez Jiménez da falta de furto pola que foron denunciadas, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, perante a audiencia

provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Esther Jiménez Jiménez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado