Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.885

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (179/1998-S).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 179/1998, que se segue por furto, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e nove.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 179/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante María Fernández Millán, e os denunciados, Evaristo Mugico Outeiral e Eduardo Suárez Pombo.

(Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos xurídicos). Decido:

Que debo condenar e condeno a Evaristo Mugico Outerial como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe diario da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais. E debo absolver e absolvo a Eduardo Suárez Pombo da falta de furto pola que foi denunciado.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma a Evaristo Mugico Outeiral, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado