De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión realizada o 11 de marzo de 1999, prestou aprobación definitiva ó Plan especial de infraestructuras viarias para o trazado das rúas nº 4 (tramo I) e nº 18.
Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, prazo que se contará desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Boiro, 26 de marzo de 1999.
Jesús Alonso
Alcalde

