Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do 2-3-1999, foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o cal se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de catro días hábiles, o fin de que se poidan presentar reclamacións, contados desde a publicación desta anuncio no BOP.

Ó mesmo tempo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Coles, sito en Vilarchao, 32152, Coles, Telf. 988 20 51 32. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: a) Acondicionamento do campo de Cambeo, 6 meses, b) Acondicionamento da carballeira de Mira, 2 meses.

3. Orzamento da licitación: importe total incluída a redacción dos proxectos, dirección de obras, beneficio industrial, gastos xerais e IVE:

Acondicionamento do campo de Cambeo: 17.895.900 ptas.

Acondicionamento carballeira de Mira: 2.707.092 ptas.

4. Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Presentación de proposicións. Prazo: ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da último publicación. Documentación para presentar: a que se sinala no punto IX do prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito en Vilarchao/Coles. Prazo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións. Modelo de proposicións: figura no prego.

7. Apertura das ofertas: o día hábil seguinte (agás sábado) a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións ás 18 horas.

8. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Coles, 25 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado