Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de abril de 1999 pola que se acorda a cesión de uso de bens mobles propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.

A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria ten nas súas instalacións unha serie de mobiliario propiedade do Servicio Galego de Saú

de que lle é necesario para o desenvolvemento da súa actividade, polo que se considera pertinente proceder á cesión de uso deses bens.

Para tal fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión de uso de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto de 1998).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión de uso a favor da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria dos bens mobles que se relacionan no anexo.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse á actividade da fundación para a execución dos fins de interese xeral establecidos no artigo 6º dos seus estatutos.

b) A cesión outórgase por un período máximo de cinco anos prorrogable por períodos sucesivos de igual duración, se así o acordase o Servicio Galego de Saúde, logo de petición da fundación.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado dentro do prazo inicialmente fixado no acordo ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán ó Servicio Galego de Saúde, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioración que experimentasen.

d) O Servicio Galego de Saúde poderá comproba-lo cumprimento da obrigas que leva implícitas a cesión.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral do Sergas e o director da fundación pública, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través da Secretaría Xeral e da División de Recursos Económicos, no marco das súas respectivas competencias, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e Presidente do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Relación de bens

Nº Uds.ArtigoMarcaModelo

1Mesa 200x198x74 en madeira, estructura lacada en negro, con á adosada e escribanía.ArchiuttiEko

1Caixoneira con rodas e caixóns a xogo coa anteriorArchiuttiEko

1Librería 359x43x156, de 4 módulos, 2 con portas baixas e andeis, 2 con portas baixas e portas altas de cristal, a xogoArchiuttiEko

1Librería baixa, con neveira incorporada de 224x43x83, a xogo.ArchiuttiEko

1Caixa forte de sobremesaBtv911

1Butaca de dirección, tapizada en napel negroKronLauro

2Butaca confidente, de 4 patas de aceiro cromado, tapizada a xogoKron8424

2Sofá de 3 prazas, tapizado en tea, 195x78x69SancalKubic

4Butacas a xogo co sofáSancalKubic

2Mesa de centro, en madeira 110x60x40SancalAbess

2Mesa cantoneira, a xogo 75x75x40SancalAbess

1Bandexa de sobremesa, en pelVilagrasaFil

1PapeleiraVilagrasaFil

1Colgadoiro-paraugueiro, en aceiro negroVilagrasaOcean Smoking

1Lámpada de sobremesaCarpeenTema

1Mesa en madeira, con faldrón, á auxiliar e bloque con caixóns 263x80x74ArchiuttiVolo

1Librería aparador, con portas 225x42x81ArchiuttiVolo

1Librería de 2 módulos de portas baixas, e un módulo pechado para roupeiro, 225x42x195ArchiuttiVolo

1Mesa reunións de 118 cm de diámetroArchiuttiVolo

1Butaca dirección, tapizada en courtisan negroRovoRovofun

2075 SN

14Cadeira confidente, de 4 patas, a xogo coa anteriorRovoRovofun

2476 A

1Mesa reunións ovalada, en cerdeira 240x120x72AlfaQuasar

3Mesas de 160x80, cor areaKemenVitor

Nº Uds.ArtigoMarcaModelo

1Ala 100x60, cor areaKemenVitor

4Caixoneiras colgadasKemenVitor

1Cadeira xiratoria s/brazos