Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se dictan instruccións para o final do curso 1998-1999 nos institutos de educación secundaria, nas escolas de arte, nas escolas oficiais de idiomas, nos conservatorios de música, nos conservatorios de danza e na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Co obxecto de regula-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos institutos de educación secundaria, nas escolas de arte, nas escolas oficiais de idiomas, nos conservatorios de música, nos conservatorios de danza, na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e nos centros privados destes niveis educativos, no período final do curso 1998-1999, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.

1. Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario das actividades docentes para o final de curso 1998-1999, de acordo coas instruccións recollidas nesta resolución.

2. Os directores dos centros citados enviarán ós servicios provinciais da Inspección, antes do 14 de maio, un resumo do calendario aprobado polo claustro conforme os modelos recollidos nos anexos a esta resolución. As inspeccións devolverán ós centros unha copia do citado resumo, aceptada ou rectificada, antes do día 26 de maio, para que os directores a dean a coñecer ó profesorado para o seu cumprimento.

Segundo.

1. O profesorado dos institutos de educación secundaria seguirá cumprindo o seu horario lectivo ata o día 16 de xuño. Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario aprobado polo claustro deberá incluír, ata esa data, as actividades docentes referidas a probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, atención a alumnos pendentes de probas de suficiencia, recuperacións, etc.

2. A partir do 17 de xuño e ata o 30 inclusive, as direccións dos centros poderán modifica-los horarios dos profesores para adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo claustro e aceptado pola Inspección (probas de suficiencia, avaliacións finais, entrega de cualificacións, atención a reclamacións, etc.). En todo caso, as direccións dos centros deben garanti-la atención ás reclamacións contra as cualificacións finais, realizadas dentro dos prazos previstos na Orde do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro) para educación secundaria obrigatoria e bacharelato e no punto 10.2º da Orde do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto) para os alumnos de BUP e FP que tamén será de aplicación para os alumnos de escolas de arte, conservatorios de música, conservatorios de danza e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Terceiro.

As sesións de avaliación final dos alumnos da ESO e do 11 curso de bacharelato LOXSE realizaranse a partir do 17 de xuño.

Cuarto.

1. As datas de avaliación de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE adecuaranse ás das probas da selectividade.

2. Unha vez realizadas as avaliacións, poderán continua-las clases de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE nas disciplinas que fose necesario ata a celebración das probas de selectividade e, con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros para introduciren modificacións nos horarios dos profesores e grupos de alumnos afectados.

Quinto.

Os alumnos de BUP, FP e bacharelato LOXSE con disciplinas pendentes de cursos anteriores serán

convocados a unha proba extraordinaria de suficiencia durante o mes de maio.

Sexto.

As probas de suficiencia do bacharelato unificado e polivalente realizaranse a partir do 17 de xuño. Entre as sesións de avaliación conxunta e as probas de suficiencia deberá transcorrer como mínimo unha semana. A cualificación destas probas realizarase conforme a Resolución do 4 de xullo de 1975 (BOE do 12).

Sétimo.

Os exames para alumnos libres do bacharelato unificado e polivalente terán lugar do 15 ó 30 de xuño e do 1 ó 15 de setembro (Orde do 20 de xuño de 1975, BOE do 28) e para os de formación profesional de segundo grao, do 15 de xuño ó 15 de xullo e do 1 ó 30 de setembro (Orde do 28 de xaneiro de 1985, DOG do 15 de febreiro).

Oitavo.

1. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros de ensinanzas de réxime especial poderán adapta-los horarios dos profesores ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto no horario lectivo de cada profesor.

2. As escolas de arte non rematarán as actividades docentes antes do día 31 de maio. As probas de suficiencia terán lugar entre os días 1 e 7 de xuño. Os exames libres e, eventualmente, as probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963, realizaranse a partir do día 10 de xuño. As actividades docentes na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia non rematarán antes do día 31 de maio; os exames finais do curso realizaranse a partir do día 10 de xuño e os exames correspondentes á convocatoria de setembro terán lugar entre os días 1 e 10 de setembro.

3. As escolas oficiais de idiomas manterán as actividades docentes ata o día 31 de maio; realizarán as probas finais ós alumnos oficiais entre os días 1 e 7 de xuño. As probas para alumnos libres dos ciclos elemental e superior terán lugar a partir do día 8 de xuño. As probas de nivel de coñecemento do idioma celebraranse do 15 ó 30 de xuño.

4. Os conservatorios de música e os conservatorios de danza manterán as actividades lectivas ata o día 31 de maio. A avaliación conxunta dos alumnos do plan de estudios LOXSE realizarase entre os días 1 e 7 de xuño. Os exames correspondentes a plans de estudios anteriores á LOXSE terán lugar entre os días 8 e 14 de xuño. Os exames libres celebraranse entre o 15 e o 21 de xuño. A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase entre o 22 e o 30 de xuño.

Noveno.

Os directores dos institutos de educación secundaria enviarán ó servicio provincial de inspección respectivo, antes do día 10 de xullo, a memoria anual do centro a que se refire o punto 43 das instruccións que regulan a organización e funcionamento dos institutos de educación secundaria aprobadas pola Orde do 2 de agosto de 1997 (DOG do 1 de setembro). Os equipos directivos dos restantes centros ós que se refire o punto primeiro desta resolución, en aplicación da disposición transitoria primeira da citada Orde do 2 de agosto de 1997, elaborarán ó longo do mes de xuño, logo do informe dos respectivos claustros, unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se é o caso. A devandita memoria con informe do consello escolar do centro enviarase ó servicio provincial de inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso

seguinte sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados ou acadados parcialmente no curso anterior e articular novos medios para logralos.

Décimo.

Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 2) polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, e mais no artigo 8.2º do Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15 de setembro), polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, que establece que os materiais que se empreguen nas áreas ou materias que se deben impartir na lingua propia de Galicia terán que estar normalmente en galego. Para tal efecto exporán no taboleiro, na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1999/2000. Unha copia da dita relación será enviada ó servicio provincial da inspección educativa antes do día 24 de xuño. Así mesmo observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e

material didáctico nos centros tanto por persoal seu, como por persoas alleas a el.

Décimo primeiro.

Os secretarios dos centros deberanlle remitir á delegación provincial correspondente fotocopias autenticadas das actas de avaliación final de tódolos cursos do seu centro e dos centros privados adscritos, a excepción dos determinados no punto seguinte desta resolución, antes do día 15 de xullo de 1999.

Décimo segundo.

As actas correspondentes ós cursos de bacharelato LOXSE enviaranse antes do 15 de setembro, xunto

co informe previsto no artigo 15.6º da Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG do 9 de maio) pola que se regula a avaliación e cualificación dos alumnos que cursan o bacharelato.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director Xeral de Centros e Inspección

de Educación

ANEXO I

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO

CURSO 1998-1999

O/A director/a do IB/IFP/IESP/IES

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte:

Para a ESO:

O último día de clases será o...

As datas de avaliación final serán do... ó...

Para o bacharelato LOXSE (1º curso):

O último día de clases será o...

As datas de avaliación final serán do... ó...

Para o BUP:

O último día de clases será o...

As datas de avaliación conxunta serán do... ó...

As datas de probas de suficiencia serán doó...

As datas das probas para alumnos libres serán doó...

Nº alumnos libres...

As datas de avaliación final serán do... ó...

Para COU/2º bacharelato LOXSE:

O último día de clases será o...

As datas de avaliación final serán do... ó...

Para FP:

O último día de clases será o...

As datas de avaliación conxunta serán do... ó...

As datas das probas de recuperación serán do... ó...

As datas de probas para alumnos libres serán do... ó...

Nº alumnos libres...

As datas de avaliación final serán do... ó...

, de de 1999

O/A director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO II

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO

CURSO 1998-1999

O/A director/a da Escola de Arte pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

O último día de clase será o...

As datas de avaliación final serán doó...

As probas de suficiencia realizaranse doó...

As probas para os alumnos libres seran doó...

As probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963 (cando se impartan especialidades deste plan) realizaranse entre os díase...

, de de 1999

O/A director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO III

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO

CURSO 1998-1999

O/A director/a da Escola Oficial de Idiomas pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

O último día de clases será o día...

As probas finais para os alumnos oficiais serán o día...

As probas para os alumnos libres do ciclo elemental celebraranse doó...

As probas para os alumnos libres do ciclo superior celebraranse doó...

As probas de nivel de coñecemento do idioma celebraranse doó...

, de de 1999.

O/A director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO IV

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO

CURSO 1998-1999

O/A director/a do Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte:

O último día de clases será o...

A avaliación conxunta dos alumnos LOXSE realizarase doó...

Os exames de plans de estudios anteriores á LOXSE celebraranse doó...

Os exames libres realizaranse doó...

A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase doó...

, de de 1999

O/A director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación