Advertido erro por omisión no Diario Oficial de Galicia nº 89, do martes, 11 de maio de 1999, cómpre engadi-lo seguinte anexo:
ANEXO I
Criterios rectores e número de servicios mínimos por centro hospitalario
1. C.H. Juan Canalejo:
Criterio que determina a fixación de servicios mínimos:
Para atende-las urxencias desde as 15 horas ata as 8 horas están de garda tres facultativos do cadro de persoal do servicio de urxencias e nove residentes das diferentes especialidades de necesaria colaboración nas urxencias intrahospitalarias. En urxencias do Hospital Teresa Herrera está de garda de pediatría un residente.
Calquera diminución no número de facultativos para atende-las urxencias tería graves repercusións na asistencia, dado que neste hospital se atenden unha media de 300 urxencias/día e no centro hospitalario Teresa Herrera aténdense 65 urxencias/día de pediatría, non podendo asumir co cadro de persoal de garda a primeira atención nin o necesario apoio sen ocasionar un colapso no servicio, o que xeraría importantes demoras na asistencia ós doentes, cos conseguintes riscos para a súa saúde.
Por iso se fixan como imprescindibles os seguintes efectivos:
-Seis residentes de diferentes especialidades nos días que se detallan para o apoio nas urxencias:11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
-Un médico residente na especialidade de pediatría no servicio de urxencias do Hospital Teresa Herrera nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
2. C.H. Arquitecto Marcide-Prof. Novoa Santos:
Criterios que determinan a fixación de servicios mínimos:
Calquera diminución do número de efectivos para atende-las urxencias tería graves repercusións no complexo hospitalario. Diariamente aténdense ó
redor de 150 urxencias, atención prestada por dous médicos e dous médicos residentes. Calquera diminución do persoal de garda na primeira atención no servicio de urxencias implicaría un importante risco para a saúde dos cidadáns.
Por iso se fixan como mínimos os seguintes efectivos:
-Un médico residente nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
-Un médico residente de segundo ano ou superior nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
3. C.H. Xeral Cíes:
Calquera diminución do número de efectivos para atende-las urxencias tería graves repercusións no complexo hospitalario. Diariamente aténdense ó redor de 300 urxencias, atención que se presta con tres médicos e dous residentes pola tarde e dous médicos residentes pola noite.
Nestas urxencias teñen unha importante incidencia as motivadas pola demanda de asistencia pediátrica e obstrético-xinecolóxica; así, prestan servicios segundo esta demanda específica de urxencias un pediatra e un médico residente da especialidade de pediatría; e un xinecólogo e un médico residente de xinecoloxía. Nestas dúas especialidades, os médicos residentes colaboran na asistencia urxente. Así mesmo, realízase unha media de cinco intervencións cirúrxicas urxentes con dous facultativos de garda e o necesario apoio nelas dun residente desta especialidade.
Ademais destes indicadores existe un importante número de demada urxente intrahospitalaria que fai imprescindible a súa cobertura coa colaboración de dous médicos residentes da especialidade de medicina interna. Por todo iso e co obxecto de garanti-la saúde dos cidadáns, os mínimos que se propoñen son os seguintes:
-Un médico residente no servicio de urxencias. Un médico residente da especialidade de cirurxía xeral de apoio á cirurxía urxente; un médico residente de apoio a pediatría; un médico residente de apoio a xinecoloxía, e dous médicos residentes de apoio a medicina interna, nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
4. C.H. de Pontevedra:
Calquera diminución do número de efectivos para atende-las urxencias tería graves repercusións no complexo hospitalario. Diariamente aténdense ó redor de 240 urxencias, atención para a que o colec
tivo de residentes supón un número importante de médicos que colaboran na asistencia.
Por iso, é imprescindible fixa-los seguintes servicios mínimos:
-Un residente da especialidade de medicina familiar e comunitaria para o servicio de urxencias do Hospital Provincial de Pontevedra nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
-Dous residentes da especialidade de medicina familiar e comunitaria para o servicio de urxencias do Hospital Montecelo nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.
5. Hospital Meixoeiro:
Calquera diminución do número de efectivos para atende-las urxencias tería graves repercusións no noso complexo hospitalario. Diariamente aténdense ó redor de 150 urxencias, atención para a que o colectivo de residentes supón un número importante de médicos que colaboran na asistencia.
Por iso, é imprescindible fixa-los seguintes servicios mínimos:
-Dous médicos residentes no servicio de urxencias nos días que se detallan: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.

