Como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria para a consecución dos obxectivos en materia de mellora e conservación dos bosques de frondosas, e singularmente no que se refire ós tratamentos selvícolas e fitosanitarios que requiran as masas autóctonas de frondosas para o seu correcto desenvolvemento, contribuíndo a sanear estas masas, conservando a súa biodiversidade, diminuíndo o número de incendios e aumentando a futura calidade da madeira que produzan estes bosques, esta consellería considera conveniente efectua-los trámites precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.
Na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo único.-Modifícase o artigo 11 da referida orde ó que se lle dá a seguinte nova redacción:
«As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio do ano 1999, con cargo ás dispoñi
bilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614C.770.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, por un importe de 78.807.436 pesetas».
Disposición derradeira
Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente

