Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Sanín-Ventosa (Paderne).
Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,56 km con orixe no C.T. Sanín e final no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. Ventosa (expediente 35029), no termo municipal de Paderne.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados e publicáronse no DOG do 13 de outubro e no BOP do 22 de setembro, no xornal La Voz de Galicia do día 15 de setembro e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Paderne; ó mesmo tempo notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).
Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en
conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública delas, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 13 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

