Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/169-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Conde de Fenosa 38.

Situación: O Barco.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 20 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x150, con orixe na L.M.T. ó C.T. compacto Conde de Fenosa 38, con 400 kVA, R/T 15.000/380-220 V. e remate na L.M.T. ó C.T. residencia. Rede de baixa tensión subterránea de 85 metros con orixe no anterior C.T. en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense