Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto de tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización da redacción do proxecto do sistema de aire acondicionado do edificio do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

c) Número de expediente: 1/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución dos traballos de redacción do proxecto das obras do sistema de aire acondicionado do edificio do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, así como o estudio de seguridade e saúde.

b) Lugar de execución: a Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: 30 días a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.830.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 156.600 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

b) Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 55 22.

e) Fax: 981 57 34 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Lugar de presentación.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

b) Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

e) Admisión de variatnes: (concurso): non se admiten.

9. Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios globais e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios, de conformidade co artigo 16.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación de persoas asignadas a este traballo así como os seus respectivos currículos e unha relación de traballos realizados nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, de conformidade co artigo 19.1º da LCAP.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

b) Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: décimo primeiro día desde o da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: once horas.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio