Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 5.945

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 137/1999, do 8 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en fabricación á medida e instalación de carpintería e moble.

A Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 732/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico en fabricación á medida e instalación de carpintería e moble e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do títu

lo. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en fabricación á medida e instalación de carpintería e moble, regulado polo Real decreto 732/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa

formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: fabricación á medida e instalación de carpintería e moble.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Definir solucións constructivas por requirimento do cliente, construír á medida elementos de car

pintería e moble, realiza-la súa instalación «en obra» en condicións de seguridade e coa calidade requirida e xestionar, se é o caso, unha pequena empresa ou taller.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar correctamente instruccións, manuais de operación, especificacións técnicas de materiais e productos, planos de mecanización e instalación e, en xeral, tódolos datos que lle permitan a preparación, posta a punto e desenvolvemento dos traballos relativos ó proceso de fabricación á medida e instalación de carpintería e moble.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

* Realizar operacións de mecanización, montaxe e acabado «en taller» de elementos de carpintería e moble á medida, mediante máquinas e equipos convencionais, en condicións de calidade e seguridade.

* Instalar elementos de carpintería e moble compondo e ensamblando «en obra» os elementos necesarios, mecanizándoos e axustándoos mediante ferramentas portátiles, comprobando a súa correcta instalación e aplicando os acabados finais.

* Responder da correcta preparación, bo funcionamento e posta a punto das máquinas, útiles e demais medios de fabricación.

* Elaborar propostas de instalación de carpintería e moble á medida, definindo os materiais que hai que empregar e elaborando os orzamentos a partir dos condicionantes funcionais, estéticos e constructivos requiridos polo cliente.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Organizar, dirixir e supervisa-lo traballo dos operarios que forman parte do seu equipo resolvendo as incidencias que xurdan no seu desenvolvemento.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Comunicarse verbalmente ou por escrito cos traballadores e clientes para manter respectivamente unha correcta relación funcional e comercial.

* Manter, se é o caso, relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou inferior nivel de cualificación.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso de fabricación á medida e ins

talación, materiais, medios de fabricación e producto resultante, dentro da área en que traballa, valorando adecuadamente a función dos diferentes elementos que interveñen.

* Administrar e/ou xestionar unha pequena empresa ou taller de tipo autónomo, nos aspectos productivo, administrativo, comercial e laboral.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a diversos postos de traballo dentro dos procesos de mecanización, montaxe, instalación e acabado manual de carpintería e moble e ás innovacións tecnolóxicas ou organizativas relacionadas coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía en:

* Organización do seu traballo persoal, ben a partir das ordes de fabricación e/ou instalación recibidas cando a empresa ou a envergadura do traballo é grande ou ben interpretando os requirimentos do «cliente» e elaborando ou adaptando a información do producto necesaria (memoria, planos e orzamento) en caso contrario.

* Interpretación ou, se é o caso, elaboración de bosquexos, planos, cadros e instruccións para a mecanización de pezas e a montaxe de conxuntos «en taller» e/ou a súa instalación «en obra».

* Recepción de materias primas, materiais e productos, aplicando os criterios de medición e aceptación establecidos polas normas da empresa ou, se se trata dun profesional autónomo, adquisición, transporte e almacenamento dos compoñentes necesarios, de acordo coa memoria de calidades estipulada polo cliente.

* Preparación, posta a punto e mantemento de uso das máquinas e equipos convencionais cos que opera.

* Execución das operacións de instalación «en obra» e fabricación ou composición «en taller» dos elementos necesarios, de acordo coas ordes subministradas ou cun proxecto de instalación que, en función da complexidade do traballo e do tamaño da empresa, pode ser elaborado por el mesmo.

* Realización das operacións asignadas de control de calidade.

* Aplicación no desenvolvemento do seu traballo das medidas e normas de seguridade necesarias.

2.4. Unidades de competencia:

1. Definir solucións constructivas e de instalación en carpintería e moble á medida.

2. Realiza-la mecanización e construcción de carpintería e moble á medida.

3. Realiza-la instalación e o acabado de carpintería e moble.

4. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: definir solucións constructivas e de instalación en carpintería e moble á medida:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Efectuar medicións e toma de datos realizando bosquexos e cadros necesarios para a elaboración de solucións constructivas e a execución do traballo.* Os datos e medidas obtidos cos bosquexos e cadros son suficientes para poder elabora-las propostas ou solucións constructivas e o orzamento.
* Realízanse os datos e os patróns da construcción e instalación, cumprindo co resultado esperado.

1.2.Elaborar solucións constructivas e de instalación, polo requirimento do cliente, axustándose á memoria de calidades e orzamento establecidos.* Elabóranse as propostas e solucións constructivas tendo en conta as características da localización, o uso ó que vai destinado, as preferencias estéticas do cliente e o orzamento dispoñible.
* As distintas solucións constructivas definen a forma estética, a funcionalidade e os materiais e permítenlle ó cliente tomar unha decisión satisfactoria.

1.3.Realizar planos de fabricación e montaxe dos elementos que se deben construír e instalar, aplicando correctamente as normas de representación.* A interpretación permite coñecer con precisión e claridade o traballo.

* A interpretación dos planos posibilita a selección do procesamento de mecanización e montaxe, a organización e execución do traballo.

* Os planos e debuxos (de fabricación, montaxe e ilustración) recollen datos e detalles suficientes para defini-lo traballo, permitíndolle ó cliente a toma de decisións.

1.4.Especifica-los materiais, pezas e compoñentes dos elementos de carpintería e/ou mobles, elaborando listas de despezamento que posibiliten a súa fabricación ou subministro exterior.* Os materiais elixidos son os máis adecuados para o uso, función e estética requiridas.

* Os materiais correspóndense co deseño e orzamento establecidos.

* A lista de pezas e materiais é válida para o cálculo e pedido ós subministradores, así como para a obtención das pezas mecanizadas á medida e a preparación dos materiais que levar ó lugar de instalación.

Dominio profesional

-Maquinas e equipos:

Útiles de medición e marcaxe. Útiles e instrumentos convencionais de debuxo.

-Materiais:

Material de debuxo. Material para patróns.

-Resultados do traballo. Productos:

Medicións e datos necesarios para o traballo que hai que realizar. Debuxos/bosquexos con propostas e solucións constructivas, listaxe de pezas e materiais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Proceso de medición e toma de datos. Realización de patróns. Técnicas de representación gráfica básica e bosquexamento de elementos de carpintería e moble. Técnicas de interpretación de planos de construcción e instalación. Interpretación de catálogos de materiais

e productos. Proceso de elaboración de listas de pezas e materiais. Definición de solucións constructivas e de instalación.

-Información utilizada:

Datos, planos e bosquexos achegados polo peticionario. Normas e especificacións técnicas. Catálogos, mostrarios, listas de prezos e fichas de características de materiais e complementos. Catálogos e revistas de mobles e elementos de carpintería. Datos para a fabricación e instalación.

-Información xerada:

Medicións, datos e bosquexos para a construcción e instalación. Planos dos elementos que hai que construír e instalar. Listaxes de materiais e productos. Listaxes de pezas.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realiza-la mecanización e construcción de carpintería e moble á medida:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Determina-las máquinas e útiles necesarios para a mecanización e montaxe de taller, que posibiliten e optimicen a fabricación. * A determinación das máquinas e útiles realízase en función do tipo de materiais, tipo de traballo, calidade requirida e dispoñibilidade.
* As máquinas e útiles elixidos son os axeitados para realiza-las distintas operacións de mecanización e montaxe.

2.2.Prepara-las máquinas e útiles para a mecanización e montaxe, en condicións de seguridade, rendemento e calidade. * As ferramentas están en bo estado de afiado e conservación e en condicións para seren empregadas na realización dos traballos.
* O axuste dos parámetros, colocación de útiles e probas realizadas, dispón as máquinas e equipos para a mecanización e a montaxe.

2.3.Obter pezas mecanizadas mediante máquinas universais, conseguindo a calidade establecida, optimizando o tempo de fabricación e en condicións de seguridade.* A mecanización realizada obtén as pezas na forma e dimensión prescritas e optimiza o tempo de fabricación.

* Os parámetros das máquinas (velocidade da ferramenta, avance da peza...) son os adecuados.

* A mecanización realízase obtendo os niveis de calidade requiridos.
* A utilización de máquinas efectúase con precisión, eficacia e respectando as condicións de seguridade e saúde laboral.

2.4.Realizar, en condicións de seguridade, a montaxe das pezas e compoñentes, obtendo mobles e elementos de carpintería coa calidade establecida.* A ensamblaxe e adaptación das pezas permite consegui-los conxuntos ou estructuras deseñadas.

* A composición e ensamblaxe das pezas realízase considerando as características das pezas (senso e forma da veta, dureza, cor...).

* A montaxe realízase tendo en conta a facilidade de traslado ó lugar de destino (que poida pasar polos accesos do edificio), os acabados que se aplicarán e o sistema de instalación-fixación.

Dominio profesional

-Máquinas e equipos:

Útiles de medición e marcaxe. Máquinas de taller: (serra cinta e circular, serra ingletar, cepilladora, regrosadora, tupí, trade-escoupro, lixadoras, prensas). Bancos de traballo. Medios de protección persoal.

-Materiais:

Madeiras: táboas e grandes táboas. Taboleiros derivados da madeira. Outros materiais: estratificados, melaminas. Adhesivos.

-Resultados do traballo. Productos:

Pezas mecanizadas, mobles e elementos de carpintería dispostos para a súa instalación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Sistemas de medición e marcaxe de pezas. Técnicas de mecanización: serrado, corte, cepillado, fresado, tradeado, lixado. Técnicas de unión, ensamblaxe e colado. Técnicas de revestimento de mobles e elementos de carpintería.

-Información utilizada:

Plano e ficha técnica de traballo. Lista de despezamento de materiais. Instruccións sobre funcionamento, mantemento de uso e manexo das máquinas de taller. Normas de seguridade no manexo de máquinas universais. Parámetros de calidade na mecanización e montaxe.

-Información xerada:

Ficha de materiais consumidos. Listado de pezas mecanizadas. Listaxe de elementos de carpintería e moble construídos. Folla de incidencias.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realiza-la instalación e o acabado de carpintería e moble:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-lo transporte e distribución das pezas e elementos que hai que instalar.* O transporte, manexo e colocación dos materiais realízase con seguridade e sen lles causar danos a eles nin molestias ós clientes.
* As pezas e materiais distribúense de acordo coa lista de materiais, situándoos adecuadamente para a súa posterior instalación.

3.2.Determina-las ferramentas manuais e máquinas portátiles para realiza-la instalación e acabados manuais.* Os medios (útiles, ferramentas e máquinas) son os adecuados e suficientes para realiza-los axustes e instalación.
* Os medios de aplicación empregados (pincel, pistola) son os máis adecuados en función do tipo de traballo: superficie, producto e condicións de aplicación.
* A lista de medios elaborada determina e identifica o que debe levarse á obra para realiza-la instalación.
* A determinación dos medios que se deben empregar realízase en función do tipo de materiais, tipo de instalación que hai que realizar, condicións do local (se se pode ou non xerar po, se existe subministración de electricidade...) e da dispoñibilidade.

3.3.Determinar e prepara-los productos de acabado para a súa aplicación, de acordo coas especificacións e procedementos establecidos.* A determinación realízase tendo en conta os medios e posibilidades de aplicación, as preferencias do cliente, tipo de superficie de aplicación, condicións de uso e orzamento.
* Os tipos e cantidades para obte-las mesturas realízanse de acordo coa compatibilidade dos materiais e as instruccións do fabricante.
* Realízanse con exactitude as medicións de cantidades de productos que se van mesturar e preparar, empregando os compoñentes determinados.

RealizaciónsCriterios de realización

* As mesturas e productos obtidos axústanse ás especificacións establecidas (cantidades, viscosidade e cor).
* O manexo dos productos realízase cos medios adecuados, cumprindo coas condicións de seguridade e saúde laboral.

3.4.Prepara-las máquinas portátiles e afia-las ferramentas manuais para a execución das operacións de instalación e acabado, póndoas a punto e en condicións de operatividade.* As ferramentas están correctamente afiadas e preparadas para o traballo que se vai realizar.

* O axuste dos parámetros, colocación de útiles e probas realizadas dispón as ferramentas e máquinas para realiza-la mecanización, axustes e instalación.

3.5.Realiza-la mecanización e axuste das pezas ou elementos mediante ferramentas manuais e máquinas portátiles, en condicións de seguridade.* A mecanización e axuste realízanse mediante as ferramentas e máquinas adecuadas conseguindo as pezas coa forma, dimensión e calidade necesarias.
* A mecanización e axuste logran que as pezas e/ou elementos se axusten e adapten correctamente no lugar de instalación, permitindo a súa ensamblaxe e fixación.
* A utilización das ferramentas manuais e máquinas portátiles efectúase con precisión, eficacia e respecto ás condicións de seguridade e saúde laboral.

3.6.Realiza-la composición e ensamblaxe das pezas e coloca-los complementos e ferraxes de acordo cos planos de instalación, conseguindo a montaxe da instalación nas condicións de calidade establecidas.* A colocación e fixación das pezas realízase con precisión sen producir danos, orientándoas correctamente e respectando as condicións estéticas establecidas.

* O adhesivo é o correspondente ó tipo de material que se vai unir e a súa aplicación realízase nas condicións adecuadas para o seu correcto secado, respectando a saúde dos traballadores.

* A fixación das pezas realízase obtendo a resistencia adecuada para soporta-los esforzos requiridos.

3.7.Prepara-las superficies e realiza-lo lixado, segundo os procedementos establecidos, conseguindo as características que posibiliten o acabado.* As superficies están exentas de manchas ou productos (po, graxa ou adhesivo) que impidan un correcto acabado.
* Os danos (fendas ou aboladuras) repáranse permitindo a restauración da superficie para o acabado.
* As máquinas e útiles que se empregan son os que corresponden ó traballo que hai que realizar.
* O tipo e granulometría do abrasivo son adecuados para a superficie que se debe lixar.
* As superficies lixadas teñen a finura e acabado esixidos polas condicións de calidade.
* A comprobación do estado do abrasivo permite a súa reposición no momento adecuado.
* O lixado efectúase cos medios de protección adecuados, respectando as normas de seguridade e saúde laboral.

3.8.Consegui-lo acabado das superficies, mediante a aplicación de productos de acabado con pincel ou pistola, obtendo a calidade requirida e controlando as condicións ambientais e o secado.* Os medios de aplicación empregados (pincel, pistola...) son os máis adecuados en función do tipo de traballo: superficie, producto e condicións de aplicación.

* Os medios de aplicación están en condicións adecuadas para realiza-lo acabado correctamente e obte-la calidade requirida.

* A aplicación efectúase cos medios de protección adecuados, respectando as condicións de seguridade e de saúde laboral.
* A capa de acabado ten unha cor e un grosor uniformes.
* A aplicación e secado realízanse nas condicións ambientais (temperatura, humidade, pureza e renovación do aire) que permitan obter un bo resultado.

RealizaciónsCriterios de realización

3.9.Montar instalacións sinxelas de electricidade, fontanería, ventilación e son, integrándoas adecuadamente nas instalacións de carpintería e moble.* As instalacións complementarias realízanse sen causar danos ós materiais, con precisión e cumprindo as esixencias de resistencia, funcionalidade e estética.
* Os compoñentes das instalacións son os máis adecuados para o fin previsto, aloxándose en lugares apropiados.
* A instalación realízase de acordo coas instruccións do fabricante e cumpre coas normas e condicións de seguridade correspondentes.

3.10.Comproba-lo correcto estado e funcionamento dos elementos instalados, repara-los defectos detectados e manter limpo e ordenado o lugar da instalación.* O traballo realízase con coidado, tomando as necesarias precaucións para xera-las mínimas molestias ó cliente e evitar danos nas superficies de instalación.
* A comprobación permite detectar fallos na instalación realizada, defectos nas pezas ou accesorios.
* A reparación dos defectos permite obter unha calidade de traballo que cumpra satisfactoriamente coas esixencias do cliente.

Dominio profesional

-Máquinas e equipos:

Útiles de medición e marcaxe. Ferramentas e útiles manuais de carpintería. Máquinas-ferramentas portátiles. Útiles de afiar. Pistolas e equipos de aplicación manual. Útiles para acabado. Medios de protección persoal. Vehículos de transporte.

-Materiais:

Pezas de madeira: listóns, xunquiños. Pezas de taboleiro. Elementos de carpintería: portas, fiestras, molduras, parqué. Elementos constructivos e de montaxe. Elementos de ancoraxe e fixación. Materiais para acabado: tinturas, lacas, vernices, disolventes. Materiais básicos para instalacións de electricidade, fontanería, ventilación e son.

-Resultados do traballo. Productos:

Mobles e elementos de carpintería instalados e acabados.

-Procesos, métodos e procedementos:

Sistemas de medición e marcaxe de pezas en lugar de instalación. Técnicas de mecanización con ferramentas manuais e máquinas portátiles. Técnicas de montaxe e fixación de elementos na instalación. Técnicas de unión, ensamblaxe e colado. Técnicas de revestimento de chans e paredes. Técnicas de reparación de mobles e elementos de carpintería. Técnicas de almacenamento e manexo de productos para acabado. Técnicas de aplicación manual de productos de acabado. Técnicas de secado e endurecemento non forzado. Técnicas de montaxe de instalacións sinxelas de electricidade, fontanería, ventilación e son. Afiado e mantemento das ferramentas e máquinas portátiles. Técnicas de manexo e transporte de pezas e productos.

-Información utilizada:

Plano e ficha técnica de traballo. Lista de despezamento de materiais. Instruccións sobre funcionamento, mantemento de uso e manexo de ferramentas, útiles e máquinas portátiles. Datos sobre condicións en que se debe realiza-la aplicación e secado: por

centaxes dos compoñentes, humidade, temperatura. Normas de seguridade e hixiene en traballos de instalación e acabado. Parámetros de calidade na instalación e acabado.

-Información xerada:

Ficha de materiais consumidos. Parte de traballo.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.
* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:
-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, vías de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-A necesidade de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse adecuadamente a composción dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

4.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.
* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

4.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elaboráronse no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas...).

4.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.
* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

RealizaciónsCriterios de realización

* A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

4.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobro.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

4.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente a súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

4.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2, alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector, que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese a modernización das estructuras empresariais, producíndose un incremento dos investimentos destinados á adquisición de bens de equipo, cunha importante renovación de maquinaria.

* Aumento das canles de comercialización pola creación de asociacións empresariais que actualmente non se atopan suficientemente desenvolvidas.

* Incorporación de novos materiais e tecnoloxías que ofertará o mercado e que suporá un aumento das posibilidades de fabricación.

* Aumento do emprego de compoñentes prefabricados e modulares (molduras, caixóns...), reducíndose os elementos mecanizados e incrementando o compoñente de montaxe e instalación.

* Aumento da especialización das empresas que lles permitirá, sobre todo ás pequenas, abordar traballos de maior complexidade e a incorporación de novos materiais, productos e técnicas de fabricación.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención e maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

* O aumento dos niveis de calidade, determinado pola maior esixencia dos clientes e usuarios, orixinará a importancia crecente do coñecemento e aplicación de criterios de calidade específica e de melloras técnicas e medios de fabricación e instalación.

* Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais, tecnoloxías e máquinas.

2.6.3. Cambios na formación:

* A incorporación de novos materiais demandará coñece-las súas características e comportamento e o tratamento e proceso que requiren para a súa utilización na fabricación á medida e instalación.

* As novas tecnoloxías que aparecerán motivadas polas esixencias dos procesos de fabricación que requiren os novos materiais, así como a modernización e actualización das máquinas existentes, suporá a formación e adaptación ó manexo e control de máquinas e equipos dotados con sistemas e compoñentes (mecánicos, pneumáticos e electrónicos) distintos dos actuais.

* A súa formación en calidade debe enfocarse para conseguir unha concepción global dela e uns coñecementos en materiais, máquinas, medios e sistemas de control que lle permitan actuar neste campo permanentemente.

* Deberá coñece-los aspectos relacionados con tecnoloxías aplicadas a distintas fases do proceso de fabricación, como mecanización, novos sistemas de montaxe, instalación e acabados, que permitan axus

tarse ás esixencias en canto a capacidade de adaptación a novos productos.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura profesional localízase nos sectores de fabricación, instalación e comercialización de carpintería e moble, en empresas e talleres coas actividades seguintes:

* Fabricación e/ou instalación de carpintería e moble en pequenas series.

* Construcción de carpintería e moble por encarga e á medida.

* Instalación de parqué e revestimentos.

* Instalación de portas e fiestras.

* Instalación de carpintería de armar e estructuras lixeiras de madeira.

* Empresas de venda e/ou instalación de mobles (fogar, cociña, baño, oficina...).

* Empresas que realizan acondicionamentos e reformas de interior en madeira.

* Adaptacións e reparacións de carpintería e moble.

A estructura empresarial destes sectores está formada por talleres pequenos e medianos de fabricación á medida que adoitan instala-los seus propios productos e por pequenas empresas comerciais que levan a cabo soamente a instalación de productos de carpintería e/ou mobles modulares por requirimento xeralmente dun cliente.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional desenvolve a súa actividade en funcións ou tarefas de toma de datos e elaboración de propostas, despezamento e mecanización de materiais, montaxe e instalación, acabados manuais, administración e xestión dunha pequena empresa ou taller e relacións con clientes.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da fabricación á medida, instalación e acabado manual de carpintería e moble.

Estas técnicas están ligadas directamente a:

* O proceso de construcción. Conxunto de máquinas portátiles, útiles e ferramentas propios do taller de carpintería e moble (serras, cepilladora, tupí...) e as técnicas e procedementos para a súa realización.

* O proceso de instalación. Conxunto de máquinas portátiles, útiles e ferramentas para o axuste, fixación e acabado manual de carpintería e moble na súa situación, así como as técnicas e procedementos de realización.

* O coñecemento das características e propiedades da madeira, taboleiro e demais materiais e productos empregados na construcción e instalación de carpintería e moble á medida.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un

conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Carpintería: instalador de chan e revestimentos de madeira. Instalador de carpintería de armar. Instalador de portas e fiestras. Técnico en construcción de carpintería á medida. Mecanizador de madeira.

* Moble: preparador-instalador de tabiques e mobles. Técnico en instalación de mobles de cociña e baño. Mecanizador de madeira. Técnico en construcción de mobles á medida.

Posibles especializacións:

A figura profesional descrita pode conseguir especializacións (mediante un período de adaptación/formación no posto de traballo) derivadas do tipo de fabricación (á medida ou en serie), da fase do proceso onde se localice (mecanización, montaxe, acabado ou instalación) e da natureza dos productos fabricados ou instalados.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Comprender e/ou aplica-la terminoloxía, técnicas, ferramentas e máquinas necesarias para a organización e execución dos traballos de construcción á medida e instalación de carpintería e moble.

* Interpreta-la documentación técnica empregada nos traballos de construcción á medida e instalación de carpintería e moble.

* Avalia-las características dos principais materiais empregados e productos obtidos, analizando as súas propiedades e comportamento mediante o emprego de instrumentos e métodos adecuados.

* Analizar e realiza-las principais operacións dos procesos de construcción á medida e instalación de carpintería e moble, obtendo uns resultados determinados mediante operacións manuais e a preparación, operación e control de ferramentas e máquinas.

* Avalia-los resultados do seu traballo na execución dos distintos procesos, verificando o nivel de cumprimento dos requisitos e calidade establecidos.

* Valora-los riscos derivados da execución dos procesos de traballo, adoptando as medidas de seguridade e hixiene adecuadas e que respecten a normativa.

* Utiliza-los sistemas informáticos como usuario, para a definición de solucións e elaboración de propostas en carpintería e moble á medida e instalación.

* Sensibilizarse respecto dos efectos que as condicións de traballo poidan producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas preventivas, correctivas e proteccións adecuadas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de

segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poden presentarse neles.

* Utilizar e buscar vías de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da madeira e o moble e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: definición de solucións en carpintería e moble á medida:

Asociado á unidade de competencia 1: definir solucións constructivas e de instalación en carpintería e moble á medida.

Capacidades terminais elementais

* Representar e caracterizar espacios arquitectónicos, empregando a simboloxía normalizada e as escalas máis adecuadas para unha correcta interpretación, efectuando a toma de datos necesaria.

* Interpretar bosquexos e planos a escala de espacios arquitectónicos, determinando os espacios e as instalacións delimitadoras da carpintería e/ou mobiliario para instalar.

* Interpretar bosquexos e planos en escala de mobles, carpintería e distribución para a elaboración de despezamentos e patróns.

* Analiza-los requirimentos económicos, funcionais e constructivos, ademais da facilidade de montaxe e transporte, partindo dun proxecto debidamente caracterizado de construcción e instalación de carpintería e moble, compilando os datos de partida e analizando os requirimentos do proxecto.

* Realizar bosquexos nos que se conxuguen adecuadamente os requirimentos económicos, estéticos, funcionais e de idoneidade, e se definan as posibles solucións constructivas e de instalación de carpintería e moble.

* Realizar planos sinxelos normalizados e á escala, de mobiliario e carpintería, nos que se definan os procesos necesarios para proceder á súa construcción e/ou instalación.

* Elabora-las memorias que complementen os planos nas que se indiquen os procesos, orzamentos, características, especificacións da fabricación e/ou montaxe e listas de materiais, empregando programas informáticos.

* Defini-las solucións constructivas para as ensamblaxes e unións, así como para o sistema de montaxe máis adecuado.

* Elabora-los diferentes traballos de fabricación e/ou instalación de carpintería e moble, valorando as distintas secuenciacións, aplicando as diferentes tarifas e enumerando os diferentes conceptos que definen os custos nos orzamentos.

Contidos (duración 295 horas)

Contidos procedementais

Debuxo técnico aplicado á representación de solucións en carpintería e moble á medida:

* Interpretación dos documentos dun proxecto, planos de pezas e conxuntos de carpintería e moble.

* Interpretación da simboloxía normalizada empregada en instalacións eléctricas e de fontanería.

* Confección de bosquexos partindo da toma de datos dun habitáculo ou espacio físico determinado, tendo en conta os diversos condicionantes que definen as solucións de carpintería e moble.

* Realización de patróns en escala natural para definir formas, detalles e ángulos complicados.

* Aplicación das diferentes técnicas e procesos de toma de datos e levantamentos.

* Interpretación de planos en escala de espacios arquitectónicos, para definir solucións constructivas e/ou de instalacións de carpintería e moble.

* Realización de planos de mobiliario e carpintería, en escala e aplicando a normalización.

Factores que interveñen e condicionan a definición de solucións para a fabricación á medida e instalación:

* Definición de solucións constructivas e/ou de instalacións de carpintería e moble tendo en conta os factores estéticos, funcionais, adaptabilidade ó contorno, resistentes e o orzamento dispoñible.

* Análise de datos dun proxecto debidamente caracterizado, para determinar solucións constructivas ou de instalación de carpintería e moble.

* Distribución dos espacios. Aproveitamento

* Realización de bosquexos que conxuguen os requirimentos de partida, definindo as posibles solucións constructivas.

Solucións constructivas para a fabricación e instalación de mobles:

* Definición das solucións constructivas idóneas para ensamblaxes e unións de pezas.

* Definición das solucións de montaxe e transporte máis adecuadas ós elementos de carpintería e moble.

* Elaboración de memorias complementarias ós planos que definan e caractericen o proxecto.

* Manexo dun programa informático de aplicación para a elaboración de memorias.

Elaboración de orzamentos:

* Valoración de operacións e materiais partindo de tarifas.

* Elaboración de listaxes de materiais partindo de despezamentos dun traballo rematado.

* Redacción de orzamentos nos que figuren os diversos conceptos empregando programas informáticos de aplicación.

* Determinación de custos de materiais e compoñentes, man de obra, transporte e desprazamento, enerxía, impostos e imprevistos.

Contidos conceptuais

Debuxo técnico aplicado á representación de solucións en carpintería e moble á medida:

* Bosquexos e planos en escala de espacios arquitectónicos, mobles, carpintería e distribución.

* Simboloxía normalizada empregada nas instalacións eléctricas e fontanería.

* Normalización.

* Procesos e técnicas de medición, toma de datos e levantamentos.

* Interpretación de planos de pezas, conxuntos de carpintería e moble e dos documentos que forman parte dun proxecto de fabricación e/ou instalación de carpintería e moble.

Factores que interveñen e condicionan a definición de solucións para a fabricación á medida e instalación:

* Factores estéticos, funcionais, adaptabilidade ó contorno e resistentes.

* Materiais, compoñentes e medios de fabricación e instalación.

* Custo do producto e orzamento dispoñible.

* Solucións a problemas de montaxe e transporte.

Solucións constructivas para a fabricación e instalación de mobles:

* Mobles e elementos de carpintería, estilos e funcionalidade.

* Materiais, compoñentes, sistemas de construcción e instalación.

* Memoria técnica.

-Listaxes de pezas.

Planos de detalle, despezamento e instalación.

-Procesos constructivos e a súa secuenciación.

Elaboración de orzamentos:

* Medición/valoración de custos.

-Aplicación de tarifas.

-Custos de fabricación, instalación e transporte.

-Redacción de orzamentos.

Contidos actitudinais

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade do producto e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispoñendo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para seren empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros nos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado e metodoloxía.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de rematar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para mellora-las capacidades persoais.

* Actitude emprendedora e confianza na propia capacidade para consumar unha obra ben feita.

* Preocupación por adecuar ó contorno as necesidades dos procesos de traballo.

* Habito na aplicación das normas relativas á posición corporal máis adecuada para evitar lesións e/ou enfermidades profesionais.

3.2.2. Módulo profesional 2: operacións básicas de mecanización en carpintería e moble á medida:

Asociado á unidade de competencia 2: realiza-la mecanización e construcción de carpintería e moble á medida.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e describi-las operacións básicas de mecanización en carpintería e moble, relacionando as diferentes fases de execución dos traballos e a súa secuenciación, describindo e diferenciando as ferramentas manuais, útiles e máquinas básicas, recoñecendo os principais sistemas de montaxe e solucións constructivas, así como as principais ensamblaxes e unións.

* Realiza-la medición, marcado e trazado de pezas, mobles e conxuntos sinxelos para a súa mecanización e montaxe, empregando con destreza os instrumentos adecuados.

* Recoñece-lo estado de regulación, axuste e afiado dos útiles e ferramentas de mecanización manual, verificando e comprobando parámetros e elementos de corte.

* Mecanizar (serrar, cepillar, escouprar, limar con lima grosa e lixar) mediante ferramentas e útiles manuais, a fin de obter pezas con características determinadas.

* Mecanizar (serrar, cepillar e tradear) mediante máquinas básicas de taller, co fin de obter pezas con características definidas.

* Recoñece-lo estado e posta a punto das máquinas básicas.

* Realiza-la montaxe de conxuntos simples, ensamblando, colando e empregando ferramentas e útiles manuais.

* Avalia-lo estado das ferramentas e útiles manuais de ensamblaxe, montaxe e colado, empregando con destreza as técnicas da súa posta a punto.

* Determina-las secuencias de montaxe, diferenciando as pezas que deben estar rematadas antes de proceder á súa montaxe definitiva.

* Valora-los riscos derivados da execución das operacións de mecanización, co fin de adopta-las medidas preventivas necesarias.

* Valora-los riscos derivados da mecanización das madeiras, a súa toxicidade e as enfermidades profesionais asociadas.

* Valora-los riscos asociados ó manexo de productos químicos: adhesivos, colas, pinturas, vernices, conservantes e productos de limpeza.

Contidos (duración 320 horas)

Contidos procedementais

Interpretación e bosquexamento de debuxos de pezas e conxuntos simples de carpintería e moble:

* Interpretación de planos e bosquexos de pezas e/ou conxuntos simples.

-Identificación das formas e características dimensionais das pezas e conxuntos.

-Diferenciación e identificación dos diferentes tipos de signos convencionais de marcaxe.

-Elaboración de listas de pezas de mecanización indicando, se é o caso, o tipo de material, dimensións e acabados das superficies.

* Manexo adecuado dos instrumentos de medición e trazado en operacións de marcado e trazado de pezas.

* Elaboración de patróns a partir dos planos das pezas.

Mecanización con ferramentas manuais:

* Preparación e conservación de ferramentas manuais, realizando con destreza as diferentes operacións e respectando as normas de seguridade e hixiene.

* Realización das diferentes operacións de mecanización con ferramentas manuais, manexándoas destramente e con seguridade tendo en conta as características do material e os requirimentos establecidos.

* Selección do tipo e características das ferramentas e útiles para empregar nun traballo de mecanización.

* Análise da situación e disposición máis adecuada dos materiais e ferramentas para poder realiza-las diferentes operacións con eficacia e seguridade.

Mecanización con máquinas básicas de taller (universais e convencionais):

* Selección e recoñecemento dos útiles e ferramentas, escollendo a máis adecuada segundo as operacións de mecanización para realizar.

* Asignación dos parámetros de funcionamento das máquinas e ferramentas en función dos datos técnicos e/ou o tipo de mecanización.

* Instalación dos útiles e ferramentas nas diferentes máquinas, atendendo ás características e parámetros requiridos na realización de operacións de mecanización.

* Realización das diferentes operacións a partir dos datos de mecanización, debidamente definidos e caracterizados.

-Planificación das secuencias idóneas das operacións que se vaian realizar e os parámetros que se teñan que controlar.

-Disposición adecuada dos materiais nas máquinas respectando as diferentes consideracións.

-Manexo das diferentes máquinas básicas de taller con destreza e seguridade.

-Manexo adecuado dos dispositivos de posta en marcha, regulación e control de funcionamento, mantendo os parámetros prefixados e corrixindo as desviacións.

Montaxe de conxuntos simples:

* Selección, montaxe e ensamblaxe de pezas, efectuando as comprobacións e axustes precisos.

* Realización de procesos de fixación mediante ferraxes.

* Aplicación de diferentes procesos e tipos de colado, respectando as características, manipulación, normas para conservación do medio ambiente e seguridade persoal .

* Análise dos resultados da montaxe dun conxunto de carpintería e moble, comprobando a forma e dimensións do conxunto montado, realizando as modificacións oportunas co fin de consegui-los valores establecidos.

* Establecemento da secuenciación idónea das diferentes operacións.

Contidos conceptuais

Interpretación e esbozamento de debuxos de pezas e conxuntos simples de carpintería e moble:

* Planos e bosquexos de pezas e/ou conxuntos simples. Acotación.

* Útiles de medición e trazado. Aplicacións.

* Interpretación de planos. Simboloxía normalizada empregada no marcaxe de pezas.

Mecanización con ferramentas manuais:

* Mecanización manual. Aplicacións.

* Ferramentas manuais. Características. Preparación.

* Operacións de mecanización con ferramentas manuais. Criterios de seguridade.

Mecanización con máquinas básicas de taller (universais e convencionais):

* Maquinas-ferramentas básicas. Características. Preparación.

* Operacións de mecanización.

* Seguridade na mecanización con máquinas básicas.

Montaxe de conxuntos simples:

* Útiles de montaxe.

* Colado.

* Ensamblaxe e prensado.

* Sistemas de fixación de pezas mediante ferraxes.

Contidos actitudinais

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade do producto e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispoñendo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para seren empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros nos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado e metodoloxía.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de rematar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para mellora-las capacidades persoais.

* Actitude emprendedora e confianza na propia capacidade para consumar unha obra ben feita.

* Preocupación por adecuar ó contorno as necesidades dos procesos de traballo.

* Hábito na aplicación das normas relativas á posición corporal máis adecuada para evitar lesións e/ou enfermidades profesionais.

3.2.3. Módulo profesional 3: fabricación á medida en carpintería e moble:

Asociado á unidade de competencia 2: realiza-la mecanización e construcción de carpintería e moble á medida.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar planos de montaxe, conxunto e listas de pezas, utilizados na fabricación á medida de carpintería e moble.

* Deduci-lo tipo de composición e construcción que se debe realizar en carpintería e moble á medida a partir da documentación técnica seleccionada (ordes de traballo, listaxes, bosquexos, planos etc.).

* Analizar e describi-los procesos de fabricación á medida en carpintería e moble, relacionando as diferentes fases.

* Relaciona-las distintas fases do proceso de mecanización e montaxe no taller para a elaboración dos elementos para fabricar en carpintería e moble á medida.

* Describi-las principais secuencias de traballo nas operacións de mecanización e construcción.

* Diferenciar e describi-las características e funcionamento das principais máquinas, útiles, ferramentas e medios auxiliares para a mecanización e montaxe no taller.

* Recoñecer distintos sistemas de montaxe e solucións constructivas empregados na fabricación de carpintería e mobles á medida (ensamblaxe, unións, colado, etc.).

* Recoñecer distintas ensamblaxes, empalmes e unións para a súa correcta aplicación.

* Organizar procesos de traballo determinando os procedementos e medios adecuados para a mecanización e montaxe na fabricación á medida en carpintería e moble.

* Realizar medición, marcado e trazado das pezas que se van mecanizar e montar, utilizando os instrumentos apropiados.

* Realizar operacións necesarias para a preparación e posta a punto das principais máquinas, equipos e ferramentas (serras, cepilladoras, regrosadoras, fresadoras-tupí, trades, prensas, lixadoras, etc.) para a fabricación de carpintería e moble.

* Manexar destramente máquinas ferramentas convencionais ou de taller, en condicións de seguridade, co fin de obter pezas con características definidas.

* Realizar montaxes de pezas mediante o emprego de máquinas, útiles e ferramentas de taller.

* Valorar riscos derivados da execución das operacións de mecanización e montaxe co fin de adopta-las medidas preventivas necesarias.

* Aplica-las normas de seguridade segundo a lexislación vixente.

* Usar debidamente os diferentes elementos de seguridade (homologados) en función das máquinas que se vaian utilizar.

Contidos (duración 365 horas)

Contidos procedementais

Debuxo técnico aplicado á construcción de mobles e carpintería á medida:

* Interpretación de planos de montaxe, conxuntos e pezas.

Organización dos traballos no taller de carpintería e moble á medida:

* Organización dos procesos de fabricación.

* Fases do proceso de mecanización.

* Descrición das principais secuencias do traballo (selección do material, marcado de pezas, preparación da maquinaria, operacións de mecanización e montaxe).

Mecanización con máquinas ferramentas convencionais e/ou de taller:

* Medición e trazado de pezas.

* Identificación da maquinaria e útiles para a mecanización. Estado. Colocación. Axuste de parámetros.

* Realización das operacións de mecanización.

Operacións de montaxe de mobles e carpintería á medida:

* Construcción de ensamblaxes, empalmes e unións de madeira.

* Aplicación de adhesivos (diferentes procedementos).

* Realización da composición e prensado.

* Fixación de unións con ferraxes.

* Aplicación de revestimentos de superficies con chapas e ladinas. Canteados.

Colocación de ferraxes e accesorios na montaxe final:

* Realización de elementos mecanizados para a montaxe de ferraxes.

* Fixación e axuste.

Control de calidade da mecanización e a montaxe de taller:

* Realización das operacións de control e medicións.

Mantemento de máquinas e útiles de taller:

* Realiza-las operacións básicas de mantemento (limpeza, engraxado, cambio e tensado de correas).

Seguridade na mecanización e montaxe no taller:

* Uso dos elementos de protección.

* Aplicación das normas de seguridade.

Contidos conceptuais

Debuxo técnico aplicado á construcción de mobles e carpintería á medida:

* Planos de montaxe, conxunto e pezas.

Organización dos traballos no taller de carpintería e moble á medida:

* Tipos de organizacións dos talleres.

* Áreas productivas dun taller.

* Procesos de fabricación.

* Factores que interveñen na elección do material.

Mecanización con máquinas ferramentas convencionais e/ou de taller:

* Procesos e técnicas de medición e trazado de pezas.

* Operacións de mecanización.

* Maquinaria e útiles.

* Principios de mecanización por arrinque de varrida.

Operacións de montaxe de mobles e carpintería á medida:

* Colado. Aplicación de adhesivos.

* Composición. Prensado.

* Unións mediante ferraxes.

* Revestimento de superficies con chapas e ladinas. Canteado.

* Solucións constructivas de ensamblaxes, empalmes e unións en madeira.

Colocación de ferraxes e accesorios na montaxe final:

* Mecanizacións.

* Sistemas de fixación e axuste.

Control de calidade da mecanización e montaxe no taller:

* Características e parámetros que se deben controlar.

* Operacións de control. Medicións.

Mantemento de máquinas e útiles de taller:

* Instruccións de mantemento. Interpretación.

* Operacións básicas de mantemento.

Seguridade na mecanización e montaxe no taller:

* Riscos e medidas de protección.

* Normativas de seguridade.

Contidos actitudinais

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade do producto e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para seren empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros nos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado e metodoloxía

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de rematar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para mellora-las capacidades persoais.

* Actitude emprendedora e confianza na propia capacidade para consumar unha obra ben feita.

* Preocupación por adecuar ó contorno as necesidades dos procesos de traballo.

* Hábito na aplicación das normas relativas á posición corporal máis adecuada para evitar lesións e/ou enfermidades profesionais.

3.2.4. Módulo profesional 4: instalación e acabado en carpintería e moble á medida:

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-la instalación e acabado de carpintería e moble.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar planos de montaxe e/ou instalación in situ de carpintería e moble, partindo da información técnica facilitada.

* Analiza-los procesos de instalación e acabados manuais de carpintería e moble, describindo as secuencias de traballo (planeamento, preparación de equipos, operacións de mecanización, etc.) que caracterizan o proceso.

* Determinar-los procedementos e os medios máis adecuados nas montaxes e instalacións de carpintería e moble, analizando a programación das actividades e seguindo a documentación gráfica para a montaxe.

* Organiza-lo traballo determinando os procedementos e medios máis adecuados para a instalación de carpintería e moble.

* Considera-las limitacións que ofrecen as diferentes instalacións (fontanería, electricidade, etc.) na montaxe das instalacións de carpintería e moble en función da normativa vixente.

* Realizar instalacións de carpintería empregando ferramentas, útiles e máquinas portátiles, seleccionando e utilizando as ferramentas, útiles e máquinas adecuadas en cada caso.

* Prepara-las diversas superficies para a correcta aplicación dos productos de acabado.

* Aplica-los diversos productos de acabado nos traballos manuais, conseguindo a calidade requirida, respectando as normas de seguridade e hixiene e o correcto tratamento dos residuos.

* Recoñecer e prepara-los equipos empregados nas tarefas de acabado manual en instalacións de carpintería e moble, respectando as súas características técnicas e as medidas de seguridade.

* Analiza-los resultados dos traballos de instalación e os acabados, comprobando que se cumpren as características requiridas.

* Valora-los riscos derivados das operacións de instalación e acabado manual, co fin de adopta-las medidas preventivas necesarias.

* Relaciona-las distintas fases do proceso de instalación en obra cos materiais e productos de entrada e saída .

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Debuxo técnico aplicado á instalación de carpintería e moble:

* Interpretación e identificación da simboloxía empregada nos planos de distribución nas instalacións de locais.

* Interpretación das distintas vistas, seccións e detalles dos planos ou bosquexos da instalación.

* Identificación das formas, características dimensionais, localización que deberían te-los elementos para instalar.

* Determinación das secuencias da montaxe de acordo coas indicacións dos planos.

* Determinación das operacións, sistemas de fixación e montaxe, tipo e número de compoñentes da instalación, materiais e acabados, partindo da información técnica (bosquexos, planos, ordes de traballo...).

Organización dos traballos de instalación e acabado manual:

* Clasificación e asignación de tarefas estimando o tempo de execución e o persoal preciso.

* Control da temporalización dos traballos.

* Planificación e coordinación de traballos.

* Determinación das fases ou momentos en que deben intervir outras profesións.

* Disposición e distribución dos materiais no lugar da instalación para o seu correcto e eficaz emprego.

Análise dos traballos de instalación in situ de carpintería e moble:

* Organización do transporte, embalaxe e manexo de materiais e productos.

* Determinación dos traballos previos e os de instalación, procedendo á medición e marcaxe da situación dos elementos e nos casos que se precise efectua-lo planeamento en obra.

* Comprobación, posta a punto e mantemento dos útiles, ferramentas, máquinas portátiles e medios auxiliares, determinando a oportunidade do seu emprego, limitacións e idoneidade segundo as operacións de montaxe e/ou instalación.

* Selección das máquinas, útiles e ferramentas segundo os procesos de instalación e montaxe para realizar.

* Fixación/colocación dos elementos de soporte e/ou fixación, nas situacións máis idóneas para garantir unha correcta montaxe e instalación de mobles ou elementos de carpintería.

* Colocación e axuste de pezas, elementos e/ou conxuntos na súa localización, empregando as técnicas e productos máis idóneos de fixación (colado, grampaxe e aparafusado).

* Realización de conexións básicas de aparellos e accesorios (extractores, electrodomésticos, luminarias) ás instalacións existentes no local (electricidade, auga, saneamento...).

* Instalación de complementos, accesorios e elementos de remate atendendo á súa idoneidade e ó cumprimento das especificacións técnicas de resistencia.

Acabado manual en instalacións:

* Realización de mesturas e preparacións de productos empregados nas operacións de acabado manual, seguindo as instruccións indicadas polo fabricante coa finalidade de obte-la homoxeneidade, viscosidade e cor especificadas.

* Selección dos productos de secado e acabado en instalacións de carpintería e moble, atendendo ás especificacións:

-Calidade e acabado.

-O proceso de aplicación.

-Idoneidade do producto segundo a súa situación en interiores ou exteriores e tendo en conta os factores de erosión, uso, limpeza, toxicidade por inxestión ou inhalación,....

* Selección e emprego dos útiles e materiais idóneos para efectuar operacións de lixado sobre superficies con capa de acabado empregando os abrasivos e medios adecuados coa finalidade de acada-lo estado superficial especificado.

* Aplicación dos productos de acabado manual seguindo os procedementos e técnicas que permitan consegui-los resultados establecidos.

* Adecuación de superficies para a aplicación dos productos de acabado (limpeza, lixado, masillado), conseguindo as características idóneas.

* Selección, segundo as características do acabado requirido, dos útiles e equipos empregados na aplicación manual dos acabados en instalación: pistolas, pinceis e compresores portátiles...

* Preparación e mantemento dos útiles e pistolas de aplicación, conseguindo a limpeza, regulación e carga de producto adecuadas.

Control de calidade na instalación de carpintería e moble:

* Determinación das causas que producen os diferentes defectos nas pezas durante os procesos de instalación e acabado manual, para evita-los seus efectos constructivos e os custos económicos asociados.

* Comprobación do correcto funcionamento e axuste dos dispositivos e partes móbiles no proceso de montaxe, fabricación e instalación de carpintería e moble.

* Comparación entre as especificacións e resultados esperados e o producto ou instalación final para a determinación da calidade obtida.

* Análise e identificación de defectos nas diferentes fases (transporte, instalación, montaxe, deseño...), coa finalidade de corrixi-las súas causas.

* Análise e medición dos diferentes parámetros (resistencia dos materiais, nivel, dimensións...) asegurándose de que cumpren coas características establecidas e cos resultados esperados.

Contidos conceptuais

Debuxo técnico aplicado á instalación de carpintería e moble:

* Planos arquitectónicos de distribucións e instalacións de locais e espacios.

* Planos de instalación de carpintería e moble.

* Planos e bosquexos detallados indicando as secuencias da montaxe.

Organización dos traballos de instalación e acabado manual:

* Técnicas de planificación e secuenciación de tarefas individuais e en equipo.

* Técnicas de asignación, temporalización e coordinación de traballos.

Traballos de instalación in situ de carpintería e moble:

* Transporte, manexo e embalaxe de materiais e productos.

* Preparación dos traballos. Medición e marcaxe. Replanteo de obra.

* Máquinas, útiles e ferramentas empregadas nas instalacións.

* Operacións con máquinas e ferramentas.

* Operacións de instalación de mobles e carpintería.

* Reparacións in situ.

* Instalacións sinxelas de electricidade, ventilación e fontanería.

* Seguridade nas operacións de instalación.

Acabado manual en instalacións:

* Productos para acabados manuais.

* Preparación das superficies.

* Útiles e equipos de aplicación.

* Operacións de aplicación. Secado.

* Seguridade no acabado.

Calidade na instalación de carpintería e moble:

* Factores que interveñen na calidade da instalación.

* Elementos que se deben considerar na valoración da calidade.

* Repercusións económicas da calidade.

Contidos actitudinais

* Respecto polas normas de seguridade, hixiene e respecto ó ambiente no manexo dos diferentes productos de limpeza, acabado e secado.

* Rigor no respecto das normas de seguridade e hixiene para evita-los riscos por inhalación na aplicación de productos volátiles (vernices, pinturas, disolventes...).

* Hábito no uso dos elementos de protección nas operacións de mecanización e instalación.

* Valora-los riscos mecánicos e eléctricos, na manipulación e emprego das ferramentas manuais.

* Rigor no uso dos elementos de protección e extracción nas operacións de preparación de superficies, valorando os riscos para a saúde da inhalación, contacto e/ou inxestión de partículas e a toxicidade das madeiras.

* Respecto polas normas de seguridade e regulamentos correspondentes ó efectuar conexións de aparellos e accesorios ás instalacións existentes de electricidade, auga e saneamento.

* Valoración dos riscos de accidente ó deixar conectadas á rede eléctrica as máquinas manuais, mentres non se precisan e se realizan operacións de instalación e/ou axuste nas que non se precisan.

* Respecto pola orde situando as ferramentas e útiles auxiliares na posición e/ou lugar máis adecuado para evitar accidentes ou avarías.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 6: materiais e productos en industrias da madeira:

Capacidades terminais elementais

* Relaciona-los principais defectos, alteracións, comportamento e durabilidade da madeira e a cortiza coas causas e axentes que as orixinan.

* Identifica-los derivados da cortiza para a súa correcta aplicación en función das limitacións que permite a súa correcta utilización.

* Avalia-las principais propiedades e características da madeira e a cortiza, como materia empregada na producción.

* Analizar e/ou recoñecer e caracteriza-los principais materiais (materias primas e subproductos transformados derivados da madeira e cortiza) utilizados nos procesos de fabricación, relacionándoos coa súa aplicación.

* Analizar e/ou calcula-lo comportamento dos principais materiais e productos empregados na industria da madeira e moble, fronte ás solicitacións requiridas no proceso de fabricación, instalación e uso.

* Caracterizar e relaciona-los principais procesos de fabricación e empresas da madeira, moble e cortiza, relacionando as súas características, configuración e tipo.

* Analiza-los principais sistemas constructivos empregados na fabricación industrial de carpintería, moble, cortiza e derivados, en función das súas características e aplicación.

* Identifica-los principais productos semielaborados e finais, obtidos mediante a transformación e procesado da madeira e cortiza.

* Identificar por medio de debuxos, fotografías, catálogos, libros e revistas os distintos tipos de elementos de carpintería, así como os mobles polo seu tipo, estilo e materiais que os compoñen.

* Identifica-las principais etapas e estilos que tivo a historia e evolución do moble.

* Identifica-los elementos fundamentais que compoñen os mobles, relacionándoos cos materiais, estética, funcionalidade e aplicación.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

A madeira. Productos e subproductos:

* Análise da estructura macroscópica e microscópica da madeira.

* Descrición das propiedades fisicoquímicas e mecánicas.

* Identificación das enfermidades e defectos máis frecuentes.

* Identificación da madeira máis empregada. Clasificación. Características fundamentais. Aplicación.

* Descrición das distintas fases do apeo, medición e tallado.

* Realización de probas de secado. Experimentación de comportamentos.

* Identificación e características dos diferentes tipos de chapas e taboleiros.

* Obtención e características das panas de cortiza.

Materiais complementarios:

* Identificación. Características e aplicación de laminados decorativos.

* Descrición, clasificación e aplicación de adhesivos.

* Definición, clasificación e aplicación de protectores e acabados da madeira.

* Aplicación de ferraxe e elementos de unión.

* Descrición de elementos para o tapizado.

Características das industrias da madeira, moble e cortiza:

* Distribución xeográfica. Implantación.

* Diferenciación entre os tipos de fabricación.

Procesos de transformación e fabricación dos derivados da madeira, moble e cortiza:

* Descrición dos procesos de primeira transformación.

* Descrición dos procesos de fabricación de carpintería e moble.

* Descrición dos procesos de instalación de carpintería e moble.

Identificación. Aplicacións e características básicas dos elementos de carpintería, mobles e productos da cortiza:

* Identificación e aplicación de elementos de carpintería: portas, ventás, pavimentos, revestimentos, escaleiras, etc.

* Descrición das partes fundamentais dos mobles.

* Clasificación dos mobles segundo o seu estilo, aplicacións e funcionalidade.

* Identificación e aplicación de productos derivados da cortiza.

Contidos conceptuais

A madeira. Productos e subproductos:

* A madeira e a cortiza. Estructura macroscópica e microscópica.

* Propiedades fisicoquímicas e mecánicas.

* Enfermidades e defectos máis frecuentes na madeira e na cortiza. Ambientes de risco.

* Especies básicas.

* Apeo. Denominacións. Tallado. Medición e cubicación.

* Secado da madeira.

* Chapas e taboleiros.

* Panas de cortiza. Aplicación industrial.

Materiais complementarios:

* Laminados decorativos.

* Adhesivos.

* Protectores e acabados da madeira.

* Ferraxes e elementos de unión.

* Elementos para o tapizado.

Características das industrias da madeira, moble e cortiza:

* Tipos de industrias. Estructura interna.

* Principais tipos de fabricación.

Procesos de transformación e fabricación de derivados da madeira, moble e cortiza:

* Procesos de primeira transformación.

* Procesos de fabricación de carpintería e moble.

* Procesos de instalación de carpintería e moble.

Identificación. Aplicacións e características básicas de elementos de carpintería, mobles e productos do cortiza:

* Elementos de carpintería: portas, ventás, pavimentos, revestimentos, escaleiras, etc.

* Elementos e partes fundamentais dos mobles.

* Estilos de mobles, aplicación e funcionalidade.

* Derivados da cortiza.

Contidos actitudinais

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade do producto e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para seren empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros nos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado e metodoloxía.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de rematar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para mellora-las capacidades persoais.

* Actitude emprendedora e confianza na propia capacidade para consumar unha obra ben feita.

* Preocupación por adecuar ó contorno as necesidades dos procesos de traballo.

* Hábito na aplicación das normas relativas á posición corporal máis adecuada para evitar lesións e/ou enfermidades profesionais.

3.3.2. Módulo profesional 7: seguridade na industria da madeira e o moble:

Capacidades terminais elementais

* Interpretar estudios de seguridade e saúde no traballo das empresas do sector da madeira e o moble.

* Distingui-los diferentes plans de seguimento de seguridade e saúde no traballo en empresas do sector da madeira e o moble.

* Analiza-la normativa vixente sobre seguridade e saúde relativa ó sector da madeira, para o seu cumprimento.

* Aplicar correctamente os medios e equipos de seguridade e saúde empregados no sector da madeira e o moble.

* Relaciona-la utilización da vestimenta axeitada cos traballos que se realicen nas empresas do sector da madeira e o moble.

* Aplicar respostas correctas a situacións simuladas de emerxencia nas empresas do sector da madeira e o moble.

* Realizar operacións de emerxencia e contra-incendios de acordo cun plan establecido.

* Analizar e avaliar casos de accidentes reais acaecidos nas empresas do sector de madeira e moble para evitar erros cometidos con anterioridade.

* Identificar e describi-los factores de risco e as medidas que terían evitado o accidente.

* Establece-las responsabilidades do traballador e da empresa nas causas dos accidentes.

* Describi-las características e finalidades das alarmas e os sinais regulamentarios que indican os lugares de risco e/ou situacións de emerxencia.

* Describi-las características, usos dos equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado dos accidentados.

* Aplica-los equipos e productos máis axeitados para a extinción de cada tipo de incendios, empregando a técnica máis eficaz.

* Describi-las funcións dos responsables da seguridade da empresa e das persoas ás que se lles encomendan tarefas específicas en casos de emerxencia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Plans e normas de seguridade e hixiene:

* Planificación da política de seguridade nas empresas.

* Aplicación da normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector da madeira e moble.

* Aplicación das normas sobre limpeza e orde no contorno de traballo e sobre hixiene persoal.

* Manexo da documentación sobre os plans de seguridade e hixiene.

Factores e situacións de risco:

* Análise dos riscos máis comúns no sector da madeira e moble.

* Aplicación dos métodos de prevención.

* Aplicación adecuada dos sistemas de protección nas máquinas e instalacións.

* Establecemento de medidas de seguridade na producción, preparación da maquinaria e mantemento.

Medios, equipos e técnicas de seguridade:

* Descrición de roupas e equipos de protección persoal.

* Identificación de sinais e alarmas.

* Manipulación de equipos contra incendios.

Situacións de emerxencia:

* Simulación de situacións de emerxencia, aplicando as técnicas de evacuación e extinción de incendios.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene:

* Política de seguridade nas empresas.

* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector da madeira e moble.

* Normas sobre limpeza e orde no contorno de traballo e sobre hixiene persoal.

* Documentación sobre os plans de seguridade e hixiene.

Factores e situacións de risco:

* Riscos máis comúns no sector da madeira e moble.

* Métodos de prevención.

* Proteccións das máquinas e instalacións.

* Medidas de seguridade na producción, preparación de máquinas e mantemento.

Medios, equipos e técnicas de seguridade:

* Roupas e equipos de protección persoal.

* Sinais e alarmas.

* Equipos contra incendios.

Situacións de emerxencia:

* Técnicas de evacuación.

* Extinción de incendios.

Contidos actitudinais

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade do producto e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para seren empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros nos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado e metodoloxía.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de rematar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para mellora-las capacidades persoais.

* Actitude emprendedora e confianza na propia capacidade para consumar unha obra ben feita.

* Preocupación por adecuar ó contorno as necesidades dos procesos de traballo.

* Hábito na aplicación das normas relativas á posición corporal máis adecuada para evitar lesións e/ou enfermidades profesionais.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Representar e caracteriza-lo espacio no que se realizará a instalación de carpintería e/ou mobiliario, efectuando a toma de datos necesaria.* Elaboración dos boquexos coa recompilación dos datos necesarios (dimensións interiores de paramentos, ocos, piares, aparellos ou elementos para integrar na instalación, ángulos, curvaturas, situación dos elementos da intalación, cor das paredes, madeiras de carpintería existente, etc.).
* Interpretacióndos planos en escala dun local no que se deben instalar mobles ou elementos de carpintería, toma-las dimensións, ángulos, curvatura das paredes (facendo patróns) e demais espacios delimitadores para a carpintería e/ou mobiliario que se vai intalar.

2.Definir solucións constructivas a problemas de instalación de carpintería e moble.* Realización dos bosquexos que conxuguen adecuadamente os requirimentos de partida e definan as posibles solucións constructivas ó problema da instalación.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.Definir e elabora-la documentación técnica (planos, memorias, especificacións e orzamentos) necesaria para a fabricación á medida de carpintería e moble, resolvendo os problemas constructivos.* Realización en escala dos planos do mobiliario e carpintería (conxunto, vistas, despezamentos e detalles) necesarios para levar a cabo a construcción e instalación.

* Elaboración das memorias.

* Elaboración dos orzamentos.

4.Interpretar e realiza-los planos de montaxe e conxuntos, elaborando as listas de despezamento, utilizados na fabricación de carpintería e mobles.* Deducción das formas e características dimensionais do conxunto, partindo de planos e bosquexos de pezas e elementos.

* Deducción do tipo de composición e construcción que se vai realizar.

* Representación gráfica (perspectivas, vistas, seccións e detalles) empregadas na fabricación.

5.Realiza-la medición, marcado, trazado de pezas, para a súa mecanización e montaxe, utilizando con destreza os instrumentos axeitados.* Elaboración das patróns, listas de despezamento e marcado das distintas pezas para a súa posterior elaboración e mecanización.

6.Realiza-las operacións necesarias para a preparación e posta a punto das principais máquinas, equipos e ferramentas (serras, cepilladoras, regrosadoras, fresadora-tupí, trades, prensas e lixadoras), para a fabricación de carpintería e moble.* Análise do estado das máquinas e ferramentas de corte, a súa preparación (desbastado, asentado e afiado), colocación dos útiles de corte nas diferentes maquinas e o seu axuste, comproba-los parámetros das máquinas e operacións de mantemento (limpeza, engraxado e cambio ou tensado das correas e cadeas etc.)

7.Realiza-la mecanización (serrar, cepillar e tradear) mediante máquinas básicas de taller, co fin de obter pezas de características definidas.* Mecanización dos distintos elementos das listas de despezamento.

8.Realiza-la montaxe de pezas mediante o emprego de máquinas, útiles e ferramentas de taller, co fin de obter subconxuntos e conxuntos en carpintería e moble.* Preparación dos diferentes elementos, pezas, pegamentos e útiles para empregar e aplicación do adhesivo sobre as pezas ou partes que hai que colar, mediante procedemento manual ou mecánico, tendo en conta as características do adhesivo, grosor e uniformidade da capa e o tempo de endurecemento.
* Realización de operacións de prensado das pezas, considerando a posición destas ou o conxunto na prensa, presión, tempo, proteccións, precaucións, medidas e escuadras.

9.Realiza-la montaxe de conxuntos, ensamblaxe e colado con ferramentas e útiles manuais.* Instalación de conxuntos (mobles, portas, marcos, etc.) con aplicación de ensamblaxes e colamentos.

10.Realiza-lo manexo destro das máquinas ferramentas portátiles ou de taller, en condicións de seguridade, co fin de obter pezas con características definidas.* Asentamento de portas, rebaixamentos para porlóns e pechaduras, repaso e contornado de plastificados, cavado de molduras, etc.

11.Realiza-la instalación (axuste, colocación e fixación) de carpintería e moble, mediante o emprego de ferramentas, útiles e maquinas portátiles.* Selección das máquinas, ferramentas e útiles necesarios e adecuados para realiza-las operacións de instalación.

* Realización das medicións necesarias e o marcado das pezas, axuste das pezas para a súa fixación e montaxe, mediante o emprego das ferramentas manuais e máquinas portátiles.

* Colocación de pezas, elementos ou conxuntos no seu lugar, fixándoos mediante colado, grampaxe, cravado ou aparafusado.

12.Prepara-las superficies para o acabado.* Selección e preparación das máquinas, útiles necesarios e adecuados para realiza-la preparación das superficies, acoitelado, lixado, etc.

13.Preparar e aplica-los productos empregados para os acabados en instalación de carpintería e mobles, conseguindo a calidade requirida. * Aplicación dos distintos productos de acabado (protectores, tinturas, tapaporos, fondos, lacas, bañadores, etc.), utilizando os distintos medios de aplicación (brocha, boneca, pistolas, etc.).

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

14.Realiza-la preparación das superficies para o acabado final.* Preparación das superficies (lixado, masillado, limpeza, etc.) para a aplicación dos productos de acabado, conseguindo as características idóneas.

15.Realiza-la instalación, axuste, fixación e colocación de ferraxes.* Instalación dos complementos, accesorios e elementos de remate, tales como peches, tiradores, molduras, cristais, etc.

16.Valora-los riscos derivados das operacións de mecanización, instalación e acabado, co fin de adopta-las medidas preventivas necesarias.* Valora-los riscos, nivel de perigosidade e accidentes relacionados coas causas que os producen (operacións con máquinas, transporte, operacións manuais, toxicidade dos productos, etc.).
* Valora-los riscos e nivel de perigosidade que supón a manipulación dos distintos materiais, productos, máquinas, ferramentas e equipos.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de fabricación á medida e instalación de carpintería e moble:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Definición de solucións en carpintería e moble a medidaProcesos e productos en madeira e mobleProfesor de ensino secundario

2Operacións básicas de mecanizado en carpintería e moble a medidaFabricación e instalación de carpintería e mobleProfesor técnico de FP

3Fabricación á medida en carpintería e mobleFabricación e instalación de carpintería e mobleProfesor técnico de FP

4Instalación e acabado en carpintería e moble á medidaFabricación e instalación de carpintería e mobleProfesor técnico de FP

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

6Materiais e productos en industrias da madeiraProcesos e productos en madeira e mobleProfesor de ensino secundario

7Seguridade na industria da madeira e o mobleProcesos e productos en madeira e mobleProfesor de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Debuxo técnicoProcesos e productos en madeira e mobleProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Procesos e productos en madeira e moble-Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en mecánica-Enxeñeiro técnico en deseño industrial-Arquitecto técnico

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Fabricación e instalación de carpintería e moble-Técnico superior en producción de madeira e moble

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio en fabricación á

medida e instalación de carpintería e moble, require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de mecanizado da madeira240 m180 m20%

Taller de montaxe, instalación e acabado de carpintería e moble240 m180 m40%

Aula técnica90 m60 m30%

Aula polivalente60 m40 m10%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Operacións básicas de mecanización en carpintería e moble á medida.

* Fabricación á medida en carpintería e moble.

* Instalación e acabado en carpintería e moble á medida.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

* Seguridade na industria da madeira e o moble.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Operacións básicas de mecanización en carpintería e moble á medida.

* Fabricación á medida en carpintería e moble.

* Instalación e acabado en carpintería e moble á medida.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3trimestre

295Definición de solucións en carpintería e moble á medida

320Operaciones básicas de mecanizado en carpintería e moble á medida

130Materiais e productos en industrias da madeira

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

365Fabricación a medida en carpintería e moble

240Instalación e acabado en carpintería e moble á medida

55Seguridade na industria da madeira e o moble

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.