Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de abril de 1999 pola que se modifica o concerto educativo co centro privado Montecastelo de Vigo (Pontevedra).

Por Orde do 31 de xullo de 1998 (DOG do 19 de agosto e 27 de outubro de corrección de erros) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o informe da Inspección Educativa de que o centro privado concertado Montecastelo de Vigo non ten en funcionamento o ciclo formativo de grao medio Equipos e Instalacións Electrotécnicas por falta de alumnado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Eucativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la diminución, para o curso 1998-1999, do concerto educativo do ciclo formativo de grao medio co centro que se relaciona:

-Montecastelo de Vigo.-1 de Equipos e Instalacións Electrotécnicas.

Segundo.-O documento administrativo no que se formalizará a dita modificación do concerto educativo co referido centro, será asinado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-A modificación que por esta orde se aproba terá efectos do 1 de setembro de 1998.

Cuarto.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria