Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-399/1998 e seis máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-399/1998 e seis máis) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse

algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Cabanas-Salcedo (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción
InfrinxidoSancionador

I-399/98Manuel López Lara

Progreso, 10

36202 Vigo

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.
I-400/98Raúl López García

Travesía de Vigo

36207 Vigo

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.
I-408/98Construcciones Tixolo, S.L.

Romero Donallo, 37

15706 Santiago de Compostela

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.
I-422/98Pescados Nigrán, S.L.

Barrio de Tarela

36350 Nigrán

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.
I-15/99Manuel Bugallo Nogueira

Doutor Loureiro Crespo, 59-7

36004 Pontevedra

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.
I-20/99Antonio Fernández Sio

Estrada de Camposancos, 198, 2º D, Vigo

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción
InfrinxidoSancionador

I-30/99Gabriel G. Rodríguez González

Travesía de Vigo, 58-9º

36206 Vigo

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do Regulamento LIFArtigo 139 do Regulamento LIF50.000 ptas.