A Comisión de Goberno, en sesión do 26 de abril do 1999, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Ventura Reyes Pérez, no seu propio nome e dereito e en representación de Reyes Hermanos, Sociedad Limitada e en beneficio de María Luisa e Carlos Reyes Pérez e Bienvenido, Jacinto, Eutiquio e Fernando Reyes de la Fuente, coa finalidade de completa-las determinacións establecidas no Plan Xeral de Ordenación Urbana para a unidade de actuación número 35, situada na rúa Doutor Loureiro Crespo, e redactado polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG en datas 10-11-1998 e 13-1-1999, reformando e anulando esta última documentación a inicial correlativa do estudio de detalle, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que considere procedentes.
Pontevedra, 3 de maio do 1999.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

