Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1999, da Deputación Provincial da Coruña, pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de fotocopiadoras e outros equipos de oficina e audiovisuais con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/3209 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de fotocopiadoras e outros equipos de oficina e audiovisuales con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 14.220.000 ptas. (85.463,91 euros), desagregado en 5 lotes do que, deducida a valoración dos bens usados (70.000 ptas.; 420,71 euros) de conformidade co disposto no artigo 188 da

Lei 13/1995, resulta un orzamento final do contrato de 14.150.000 ptas. (85.043,20 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4 % do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: en horario laboral de 9 a 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 11 de maio de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña