En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) anuncia a convocatoria pública de selección de persoal do seu centro de acordo, coas seguintes bases, para os postos seguintes:
1. Director económico e financeiro. Ref.: D.E.F.
Título: licenciado en C. C. económicas ou empresariais, ou título equivalente homologado.
Experiencia: experiencia mínima de 5 anos en postos de responsabilidade na materia que impliquen a dirección e organización da área financeira, económica e administrativa.
Procedemento de selección: baremo de currículum 60%, entrevista persoal 40%.
2. Director técnico. Ref.: D.T.
Título: enxeñeiro superior industrial, minas, camiños, ou título equivalente homologado.
Experiencia: experiencia mínima de 5 anos na área de centrais termoeléctricas e/ou plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos.
Procedemento de selección: baremo de currículum 60%, entrevista persoal 40%.
3. Xefe de mantemento. Ref.: X.M.
Título: enxeñeiro superior.
Experiencia: non necesaria experiencia.
Procedemento de selección: baremo de currículum 50%, psicotécnico 20% e entrevista persoal 30%.
4. Xefe de producción. Ref.: X.P.
Título: enxeñeiro superior.
Experiencia: non necesaria experiencia.
Procedemento de selección: baremo de currículum 50%, psicotécnico 20% e entrevista persoal 30%.
5. Encargado de transferencia e transporte de residuos sólidos urbanos. Ref.: E.T.R.S.
Título: preferiblemente titulado medio.
Experiencia: experiencia mínima de 5 anos en residuos sólidos urbanos e instalacións de residuos sólidos urbanos (plantas de transferencia, clasificación, etc.).
Procedemento de selección: baremo de currículum 60%, psicotécnico 10% e entrevista persoal 30%.
Presentación de solicitudes: os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum dirixido á Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., apartado de correos nº 24 15680 Ordes, (A Coruña), no prazo improrrogable de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, indicando claramente no sobre a referencia á que se presenta.
Deberá presentarase copia compulsada, se é o caso, do título mínimo esixido para cada convocatoria, dos diplomas acreditativos deles, do expediente académico, e das referencias de experiencia esixida.
Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.
Mauro Arias Villa
Conselleiro delegado de Sogama, S.A.

