Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.099

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. ORDÓÑEZ ARMÁN (A CORUÑA)

EDICTO.

Eu, Francisco Manuel Ordóñez Armán, notario do Ilustre Colexio Notarial da Coruña, co despacho na rúa Durán Loriga 11-2º, fago constar:

Que nesta notaría se tramita unha acta de notoriedade complementaria de título público de adquisición para matriculación de predio non inscrito,

co fin de acreditar que no termo municipal de Culleredo (A Coruña), os cónxuxes Jesús Evangelio Rodríguez Calviño e María Luisa García Doldán, José García Doldán, Oliva Rama García e María Rama García son tidos como donos do seguinte predio:

Descrición do predio

Concello de Culleredo

Monte denominado Revolta de Arriba e Revolta Grande, de dezasete áreas e seis centiáreas, que linda: polo norte, coa propiedade dos señores Peltain; polo sur, coa propiedade dos herdeiros de Trelles y Viqueira; polo leste, co monte de Manuel García Vázquez; e polo oeste, coa propiedade de Ramón García Mosquera.

Título.-Perténcelles ós conxuxes Jesús Evangelio Rodríguez Calviño e María Luisa García Doldán (na proporción de tres doceavas partes con carácter ganancial e dúas doceavas partes a María Luisa García Doldán con carácter privativo), a José García Doldán (na proporción dunha doceava parte), a Oliva Rama García (na proporción de tres doceavas partes) e a María Rama García (na proporción de tres doceavas partes), en parte por herdanza de José García Mosquera finado o 5 de xaneiro de 1943 e en parte por diversas transmisións efectuadas entre os seus herdeiros.

Inscrición.-Non consta inscrito no Rexistro da propiedade.

Referencia catastral.-A referencia catastral do predio descrito é 15 031 000 009 00483 GR.

Durante o prazo que finalizará o día vinteseis de maio de mil novecentos noventa e nove poderán os interesados comparecer na miña notaría sita na rúa Durán Loriga 11-2º da Coruña, en horas de despacho, para oporse á súa tramitación ou alega-lo que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

Rubricado